Mostrando entradas con la etiqueta axudas e subvencións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta axudas e subvencións. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de julio de 2026

CONCESIÓN BOLSAS COMEDOR ESCOLAR 2026/2027

lunes, julio 13, 2026

📢 Familias,


Xa está publicada no taboleiro de anuncios e web do Concello da Coruña a proposta provisional de concesión e denegación das bolsas de comedor escolar para o curso 2026/2027.


📄 Podedes consultar as listaxes (identificadas co número de expediente) na ligazón que vos deixamos a continuación:


🔗 https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=05B46E24AC47C68D6A3D663EDF43C9F9.siac2?method=view&id=27266


⚠️ Importante:

• Se o centro escolar que figura na listaxe provisional cambiou, é necesario comunicalo a través do Rexistro Municipal.

• O prazo para presentar alegacións estará aberto do 9 ao 22 de xullo, ambos os dous incluídos.



🍽️ Se sodes beneficiarios/as da bolsa de comedor, lembrade que é imprescindible rexistrarse na páxina web de Jardanay para ter praza asignada.


📅 O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 31 de agosto.


🔗 Podedes facer o rexistro aquí:


https://comedores.jardanay.es/Acceso



ℹ️ Se precisades máis información sobre o proceso de rexistro, podedes consultar as publicacións anteriores.


📧 Para calquera dúbida, podedes contactar directamente coa empresa:

📥 comedor@jardanay.es

📲 981 126 627.


Unha aperta,


ANPA HERRERÍAS 💚


_____________________



📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA! 


💚 WHATSAPP

https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G


🌈INSTAGRAM

https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu


💙 TELEGRAM

https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg


🧡 BLOGGER

https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1

martes, 10 de junio de 2025

MAÑÁ SERÁ O ÚLTIMO DÍA PARA RECOLLER OS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 23/24

martes, junio 10, 2025 0

Benqueridas familias,


Mañá mércores, 11 de xuño, de 14 a 18 h, será o último día para recoller no local da ANPA os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2023/2024 (é dicir, do curso pasado). Esta subvención é para TODO O ALUMNADO QUE UTILIZASE O COMEDOR EXCEPTO OS QUE FORON BENEFICIARIOS DA BOLSA COMEDOR MUNICIPAL, xa que estas persoas quedan exentas da axuda. 


Non é preciso ter solicitado ou tramitado nada: é a ANPA Herrerías quen realiza a xestión ante a Xunta de Galicia e quen revisa os datos con Jardanay.


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI, NIE ou documento de identidade equivalente. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.



Unha aperta!

ANPA Herrerías


martes, 27 de mayo de 2025

ENTREGA DOS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 23/24 PARA TODAS AS FAMILIAS USUARIAS EXCEPTO AS BENEFICIARIAS DA BOLSA COMEDOR DO CONCELLO

martes, mayo 27, 2025 0

Benqueridas familias,


A próxima semana repartiremos os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2023/2024 (é dicir, do curso pasado). Esta subvención é para TODO O ALUMNADO QUE UTILIZASE O COMEDOR EXCEPTO OS QUE FORON BENEFICIARIOS DA BOLSA COMEDOR MUNICIPAL, xa que estas persoas quedan exentas da axuda. 


Non é preciso ter solicitado ou tramitado nada: é a ANPA Herrerías quen realiza a xestión ante a Xunta de Galicia e quen revisa os datos con Jardanay.


Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA dende o luns 2 ata o xoves 5 de xuño de 16 a 18 h; e o venres 6 de xuño de 16 a 17 h.


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI, NIE ou documento de identidade equivalente. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.


Se alguén non pode recoller o cheque nestes días, pode poñerse en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com) para tratar de buscar unha solución.



Unha aperta!

ANPA Herrerías

martes, 18 de marzo de 2025

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2025/2026

martes, marzo 18, 2025 0

Dende hoxe e ata o 4 de abril está aberto o prazo para solicitar as bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2025/2026. Toda a información da convocatoria pódese consultar:



Para acceder á bolsa, a persoa solicitante deberá (entre outros requisitos):

  •  Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF)
  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña
  • Ter a súa matrícula (ou solicitude de matrícula) nun centro educativo do termo municipal da Coruña
  • Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial do comedor e asistir a el todos os días (de luns a venres) durante todo o período lectivo, de setembro de 2025 a xuño de 2026


Unha aperta!

ANPA Herrerías

miércoles, 18 de septiembre de 2024

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O BONO CONCILIA FAMILIA DA XUNTA DE GALICIA

miércoles, septiembre 18, 2024 0

Benqueridas familias,


Ata o día 18 de outubro está aberto o prazo para solicitar o Bono Concilia Familia, unha axuda económica da Xunta de Galicia para financiar servizos de conciliación contratados polas familias con nenos e nenas de ata 13 anos durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. 


Esta axuda está destinada a subvencionar a contratación de persoas coidadoras a domicilio, campamentos, ludotecas ou outros servizos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.


Poden solicitalo  aquelas familias:

  • que residan en Galicia
  • que teñan alomenos unha nena ou un neno de ata 13 anos de idade (nacidos despois do 1/1/2011)
  • nas que os dous proxenitores traballen no período solicitado (ou un no caso das familias monoparentais)


Tedes toda a información nesta ligazón.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

sábado, 31 de agosto de 2024

O CONCELLO PUBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE CONCESIÓN DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2024/25

sábado, agosto 31, 2024 0

Benqueridas familias,



Xa está publicada, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe definitiva de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2024/2025. Podedes consultala nesta ligazón.


Pódese renunciar ou aceptar de forma expresa a bolsa é entre o día 2 e o día 13 de setembro. De non facelo dentro dese prazo, entenderase que dita bolsa é tácitamente aceptada.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


sábado, 10 de agosto de 2024

O CONCELLO PUBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE CONCESIÓN DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2024/25

sábado, agosto 10, 2024 0

Benqueridas familias,


Xa está publicada, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2024/2025. Os listados identifican as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

                                                                

Pódense consultar en:

 

 

As persoas propostas como beneficiarias deben realizar as xestións oportunas  con Jardanay para ter asignada ao comezo do curso escolar unha das prazas dispoñibles no comedor.


O plazo de alegacións está aberto ata o día 21 de agosto. Pódense presentar en calquera dos rexistros municipais, na sede electrónica do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto na da lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

miércoles, 26 de junio de 2024

PUBLÍCANSE AS LISTAXES PARA OS FONDOS DE LIBROS E AS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2024/25

miércoles, junio 26, 2024 0

Benqueridas familias!


Xa están no taboleiro de anuncios da entrada do colexio as listaxes provisionais do fondo de libros e de axudas para libros de texto e material escolar do curso 2024/2025. O prazo para alegar é hoxe e mañá; e o venres publicaranse as listaxes definitivas.


Os vales poderanse recoller na secretaría do centro entre os días 1 e 12 de xullo, de 10 a 13 h.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


sábado, 22 de junio de 2024

O CONCELLO DA CORUÑA PUBLICA A LISTAXE DE REQUIRIMENTOS DE CORRECCIÓN DAS BOLSAS COMEDOR PARA O PRÓXIMO CURSO

sábado, junio 22, 2024 0

Benqueridas familias,


O Concello da Coruña publicou a listaxe de corrección de documentación referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2024/2025.


O prazo para presentar a documentación requirida é do 25 de xuño ao 8 de xullo, ambos os incluídos.


Podedes consultar toda a información na páxina web do Concello, nesta ligazón.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


sábado, 8 de junio de 2024

ENTREGA DOS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 22/23 PARA TODAS AS FAMILIAS EXCEPTO AS BENEFICIARIAS DA BOLSA COMEDOR DO CONCELLO

sábado, junio 08, 2024 0

Benqueridas familias,


A próxima semana repartiremos os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2022/2023 (é dicir, do curso pasado). Esta subvención é para TODO O ALUMNADO QUE UTILIZASE O COMEDOR EXCEPTO OS QUE FORON BENEFICIARIOS DA BOLSA COMEDOR MUNICIPAL, xa que estas persoas quedan exentas da axuda. 


Non é preciso ter solicitado ou tramitado nada: é a ANPA Herrerías quen realiza a xestión ante a Xunta de Galicia e quen revisa os datos con Jardanay.


Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA os días:

-Luns de 15:30 a 16:30

-Martes de 9:00 a 9:30

-Martes de 15:30 a 17:00

-Mércores de 15:30 a 16:30

-Xoves de 9:00 a 9:30

-Venres de 15:30 a 17


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI ou documento de identidade equivalente. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.


Se alguén non pode recoller o cheque nestes días, pode poñerse en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com) para tratar de buscar unha solución.



Unha aperta!

ANPA Herrerías


jueves, 23 de mayo de 2024

ABERTO O PRAZO PARA PEDIR O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

jueves, mayo 23, 2024 0

Benqueridas familias,


Ata o 21 de xuño pódese solicitar o fondo solidario de libros de texto e as axudas de material escolar e libros de texto para o próximo curso 24/25.


Tedes toda a información (instrucións, documentación necesaria, requisitos…) na web do colexio, nesta ligazón.




Unha aperta!

ANPA Cidade Vella

martes, 16 de abril de 2024

AS BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS PARA O CURSO 2024-2025 PÓDENSE SOLICITAR A PARTIR DE MAÑÁ

martes, abril 16, 2024 0

Benqueridas familias,


A partir do día 17 de abril poderanse presentar as solicitudes para as bolsas comedor do curso 2024-25 do Concello da Coruña. O prazo estará aberto ata o día 8 de maio.


Toda a información da convocatoria pódese consultar:


Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, o Concello vai realizar sesións informativas nos centros cívicos municipais nas seguintes datas:

  • 24 de abril, mércores, centro cívico Os Mallos ás 18.00 h
  • 25 de abril, xoves, centro cívico Mesoiro ás 20.00 h
  • 26 de abril, venres, centro cívico Monte Alto ás 11.30 h
  • 30 de abril, martes, centro cívico San Diego ás 10.30 h


Unha aperta!

ANPA Herrerías


martes, 10 de octubre de 2023

PUBLÍCANSE AS LISTAXES DEFINITIVAS DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

martes, octubre 10, 2023 0

Benqueridas familias,


Dende o Concello da Coruña informánnos de que xa están publicadas as listaxes definitivas das axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024. Pódense consultar:


Os listados identifican as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado. Con esta publicación ábrese o prazo para a interposición do recurso potestativo de reposición que será dun mes (dende hoxe ao 9 de novembro, ambos incluídos), e poderá presentarse, previa cita (que se pode pedir no 010 ou nesta ligazón):

  • nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa)
  • no rexistro telemático da sede electrónica municipal 
  • en calquera outro dos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

miércoles, 19 de julio de 2023

PUBLICADA A LISTAXE DE CONCESIÓNS E DENEGACIÓNS DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2023-24

miércoles, julio 19, 2023 0

 Benqueridas familias, 


Dende o Concello da Coruña informannos de que xa está publicada a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

                                                                

Pódense consultar en:


As persoas beneficiarias de bolsa deberán realizar, no prazo habilitado por cada entidade xestora do comedor, os trámites necesarios (matrícula, reserva de praza...) para dispor dunha praza que permita a súa incorporación ao servizo de comedor durante todo o período subvencionado.


O prazo para a presentación de alegacións está aberto ata o 1 de agosto, e poderá presentarse, previa cita:

  • nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa
  • no rexistro telemático da sede electrónica municipal 
  • en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedesvos poñer en contacto con nós no noso correo electrónico: apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

martes, 4 de julio de 2023

OS VALES DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PODERANSE RECOLLER DESDE O 6 DE XULLO

martes, julio 04, 2023 0

Benqueridas familias, 


Dende o colexio infórmannos de que os vales coas axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2023-2024 poderanse recoller entre o xoves, 6 de xullo, e o venres, 14 de xullo, en horario de 10.00 h a 13.00 h


Na páxina web do centro están xa publicados tanto as listaxes de libros de texto como de material que precisará cada curso.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


domingo, 25 de junio de 2023

O CONCELLO DA CORUÑA PUBLICA A LISTAXE DE REQUIRIMENTOS DE CORRECCIÓN PARA AS BOLSAS COMEDOR

domingo, junio 25, 2023 0

Benqueridas familias, 


Dende o Concello da Coruña infórmannos de que xa está publicada a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024.


Pódense consultar:

- No taboleiro de edictos do Concello

- Na páxina web municipal de Servizos Sociais


Segundo indica o Concello, a listaxe cos requirimentos de emenda de documentación identificará as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente SI se terá por desistida a solicitude) así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).


O prazo para a presentación da documentación requirida está aberto ata o 12 de xullo e poderá presentarse, previa cita, nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


lunes, 12 de junio de 2023

ÚLTIMA SEMANA PARA RECOLLER OS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 2021/22

lunes, junio 12, 2023 0

Benqueridas familias,


Esta semana terminaremos de entregar os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2021/2022 (é dicir, do curso pasado) para os alumnos que non foron beneficiarios da bolsa comedor, xa que estes quedan exentos da axuda. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.


Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA os días:

  • Luns, 12 de xuño, de 16 h a 17 h
  • Martes, 13 de xuño, de 16.30 h a 18 h
  • Venres, 16 de xuño, de 9 h a 10 h e de 16 h a 17 h


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI ou documento de identidade equivalente.


Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com). Unha aperta!


ANPA Herrerías

martes, 6 de junio de 2023

REPARTO DOS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 2021/22

martes, junio 06, 2023 0

 Benqueridas familias,


Nos próximos días repartiremos os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2021/2022 (é dicir, do curso pasado) para os alumnos que non foron beneficiarios da bolsa comedor, xa que estes quedan exentos da axuda. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.


Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA os días:

-Xoves, 8 de xuño,  de 16.00 h a 17.00 h

-Venres, 9 de xuño, de 9.00 a 10.00 h e de 16.00 a 17.00 h


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI ou documento de identidade equivalente.


Se alguén non pode recoller o cheque nestes días, pode poñerse en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com) para tratar de buscar unha solución.



Unha aperta!

ANPA Herrerías

lunes, 22 de mayo de 2023

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

lunes, mayo 22, 2023 0

Benqueridas familias,


Xa está dispoñible na páxina web do colexio toda a información e documentación necesaria para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2023-2024.


O prazo estará aberto ata o vindeiro 21 de xuño (incluído). O alumnado de 5º e 6º de primaria non recibirá axudas para libros ao pertencer ao Proxecto E-dixgal, pero si pode recibilas para material escolar se cumpren os requisitos.


Unha aperta,

ANPA Herrerías

miércoles, 8 de marzo de 2023

CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS CURSO 2023-2024

miércoles, marzo 08, 2023 0


Benqueridas familias,


Desde o Concello da Coruña infórmannos de que onte, 7 de marzo de 2023, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.


O prazo de presentación de solicitudes é do 13 de marzo ao 12 de abril (ambos incluídos).


Toda a información da convocatoria pódese consultar:

  • no teléfono 010 de información cidadán


Entre outros requisitos para acceder á bolsa, o alumnado solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.


Unha aperta,

ANPA Herrerías