Recorda que xa está aberto o prazo de inscrición nas actividades extraescolares do curso 2026/2027! 🎉 🎨🏃♀️
Desde a ANPA preparamos unha proposta variada de actividades pensadas para que as nenas e nenos poidan aprender, crear, facer deporte, desenvolver a súa creatividade e, sobre todo, pasalo ben.
Este curso contamos con:
- 🇬🇧 Inglés
- 🎨 Expresión plástica
- 🤸 Xogos e movemento
- 🧪✨ Ciencia e maxia
- 🎭 Teatro
- ⚽ Predeporte
- 🏃 Multideporte
- 🎵 Música
- 🧘♀️ Ioga en familia
- 🥋 Xudo
- ⚽ Fútbol
- 👧👦 Cóxegas, para facilitar a conciliación durante o mes de setembro.
📅 Inicio das actividades
No caso de Cóxegas, o servizo estará dispoñible durante o mes de setembro, como opción para facilitar a conciliación das familias antes do inicio das actividades extraescolares.
📝 Inscricións
As prazas son limitadas e asignaranse por orde sde inscrición, polo que recomendamos realizar a inscrición canto antes.
Toda a información sobre horarios, prezos, condicións e inscricións na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1q9h4nmD5e8JXGQp4QOlzTRkioh_-YRJu/view?usp=drivesdk
💚 Agardamos que atopedes entre todas as propostas aquela actividade que máis lles guste ás vosas crianzas e que desfruten dun curso cheo de aprendizaxes, deporte, creatividade e diversión!
No hay comentarios:
Publicar un comentario