Mostrando entradas con la etiqueta comedor e madrugadores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comedor e madrugadores. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de julio de 2026

CONCESIÓN BOLSAS COMEDOR ESCOLAR 2026/2027

lunes, julio 13, 2026

📢 Familias,


Xa está publicada no taboleiro de anuncios e web do Concello da Coruña a proposta provisional de concesión e denegación das bolsas de comedor escolar para o curso 2026/2027.


📄 Podedes consultar as listaxes (identificadas co número de expediente) na ligazón que vos deixamos a continuación:


🔗 https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=05B46E24AC47C68D6A3D663EDF43C9F9.siac2?method=view&id=27266


⚠️ Importante:

• Se o centro escolar que figura na listaxe provisional cambiou, é necesario comunicalo a través do Rexistro Municipal.

• O prazo para presentar alegacións estará aberto do 9 ao 22 de xullo, ambos os dous incluídos.



🍽️ Se sodes beneficiarios/as da bolsa de comedor, lembrade que é imprescindible rexistrarse na páxina web de Jardanay para ter praza asignada.


📅 O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 31 de agosto.


🔗 Podedes facer o rexistro aquí:


https://comedores.jardanay.es/Acceso



ℹ️ Se precisades máis información sobre o proceso de rexistro, podedes consultar as publicacións anteriores.


📧 Para calquera dúbida, podedes contactar directamente coa empresa:

📥 comedor@jardanay.es

📲 981 126 627.


Unha aperta,


ANPA HERRERÍAS 💚


_____________________



📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA! 


💚 WHATSAPP

https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G


🌈INSTAGRAM

https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu


💙 TELEGRAM

https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg


🧡 BLOGGER

https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1

martes, 10 de junio de 2025

MAÑÁ SERÁ O ÚLTIMO DÍA PARA RECOLLER OS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 23/24

martes, junio 10, 2025 0

Benqueridas familias,


Mañá mércores, 11 de xuño, de 14 a 18 h, será o último día para recoller no local da ANPA os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2023/2024 (é dicir, do curso pasado). Esta subvención é para TODO O ALUMNADO QUE UTILIZASE O COMEDOR EXCEPTO OS QUE FORON BENEFICIARIOS DA BOLSA COMEDOR MUNICIPAL, xa que estas persoas quedan exentas da axuda. 


Non é preciso ter solicitado ou tramitado nada: é a ANPA Herrerías quen realiza a xestión ante a Xunta de Galicia e quen revisa os datos con Jardanay.


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI, NIE ou documento de identidade equivalente. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.



Unha aperta!

ANPA Herrerías


martes, 27 de mayo de 2025

ENTREGA DOS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 23/24 PARA TODAS AS FAMILIAS USUARIAS EXCEPTO AS BENEFICIARIAS DA BOLSA COMEDOR DO CONCELLO

martes, mayo 27, 2025 0

Benqueridas familias,


A próxima semana repartiremos os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2023/2024 (é dicir, do curso pasado). Esta subvención é para TODO O ALUMNADO QUE UTILIZASE O COMEDOR EXCEPTO OS QUE FORON BENEFICIARIOS DA BOLSA COMEDOR MUNICIPAL, xa que estas persoas quedan exentas da axuda. 


Non é preciso ter solicitado ou tramitado nada: é a ANPA Herrerías quen realiza a xestión ante a Xunta de Galicia e quen revisa os datos con Jardanay.


Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA dende o luns 2 ata o xoves 5 de xuño de 16 a 18 h; e o venres 6 de xuño de 16 a 17 h.


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI, NIE ou documento de identidade equivalente. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.


Se alguén non pode recoller o cheque nestes días, pode poñerse en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com) para tratar de buscar unha solución.



Unha aperta!

ANPA Herrerías

martes, 18 de marzo de 2025

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2025/2026

martes, marzo 18, 2025 0

Dende hoxe e ata o 4 de abril está aberto o prazo para solicitar as bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2025/2026. Toda a información da convocatoria pódese consultar:



Para acceder á bolsa, a persoa solicitante deberá (entre outros requisitos):

  •  Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF)
  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña
  • Ter a súa matrícula (ou solicitude de matrícula) nun centro educativo do termo municipal da Coruña
  • Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial do comedor e asistir a el todos os días (de luns a venres) durante todo o período lectivo, de setembro de 2025 a xuño de 2026


Unha aperta!

ANPA Herrerías

miércoles, 8 de enero de 2025

viernes, 27 de septiembre de 2024

A PARTIR DO LUNS O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL (E OS SEUS IRMÁNS MAIORES) SAIRÁ DO COMEDOR POLA PORTA PRINCIPAL DO COLEXIO

viernes, septiembre 27, 2024 0

Benqueridas familias,


Para axilizar e facilitar a entrega da rapazada nos horarios de saída do comedor, a partir do luns, 30 de setembro, o alumnado de Educación Infantil entregarase pola porta principal do colexio. Cando teñan irmáns maiores nos cursos de Primaria, estes sairán pola mesma porta para facilitar a recollida das familias.


O resto dos cursos (de 1º a 6º de Educación Primaria) continuarán saíndo pola porta lateral.


Lembrámosvos que o teléfono de contacto co servizo de madrugadores e comedor para emerxencias ou avisos (por exemplo, en caso de que alguén precise realizar a recollida antes de tempo) é o 647468911, e estará en funcionamento de 7:30 a 9:00 h e de 12:30 a 15:55 h. de luns a venres.


Ningún rapaz poderá marchar só, ou con alguén que non sexa unha persoa previamente autorizada, se non ten unha autorización escrita para facelo. No caso dunha urxencia ou dun caso puntual é preciso poñerse en contacto con Jardanay para explicarlles a situación e facerlles chegar o correspondente permiso asinado.


Se tedes algunha dúbida podedes escribirnos, coma sempre, á nosa conta de correo electrónico: apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!
ANPA Herrerías

sábado, 14 de septiembre de 2024

martes, 10 de septiembre de 2024

FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

martes, septiembre 10, 2024 0

Benqueridas familias!


Mañá comeza un novo curso e, con el, os servizos de comedor e madrugadores. Para o seu bo funcionamento lembrámosvos que:


Hai dous horarios de saída do comedor: ás 15:30 h e ás 15:50 h, e pregámosvos que sexades puntuais tanto se vides na primeira quenda como na segunda. TODO O ALUMNADO SAIRÁ POLA PORTA LATERAL DO CENTRO.


O teléfono de contacto co servizo de madrugadores e comedor para emerxencias ou avisos (por exemplo, en caso de que alguén precise realizar a recollida antes de tempo) é o 647468911, e estará en funcionamento de 7:30 a 9:00 h e de 12:30 a 15:55 h. de luns a venres.


Ningún rapaz poderá marchar só, ou con alguén que non sexa unha persoa previamente autorizada, se non ten unha autorización escrita para facelo. No caso dunha urxencia ou dun caso puntual é preciso poñerse en contacto con Jardanay para explicarlles a situación e facerlles chegar o correspondente permiso asinado.


Recomendamos que o alumnado leve un estoxo con cepillo e pasta de dentes (que non poderán deixar no colexio, polo que o deberán traer todos os días na mochila).


Os usuarios de 5º e 6º de Educación Primaria non poderán utilizar os ordenadores portátiles en horario de madrugadores nin de comedor.



INSCRICIÓN NO SERVIZO


En setembro ninguén pode quedar a comedor/madrugadores se non fixo a inscrición no seu momento. Obter unha axuda económica (como as bolsas para comedor do Concello) non equivale a un posto no comedor do colexio. 


Para realizar a inscrición e apuntar á rapazada a partir do mes de outubro tedes toda a información sobre como apuntarse aos servizos de comedor, madrugadores e cambiadores nesta ligazón.



USUARIOS ESPORÁDICOS


Para realizar un uso esporádico do servizo é necesario que vos deades de alta na web de Jardanay e, cando se precisedes utilizar o comedor tedes que:

  • poñervos en contacto coa central da empresa
  • avisar tamén no teléfono de contacto.


Este curso por primeira vez NON se realizará o pago en efectivo para o uso esporádico do comedor, senón a través desta páxina web (as familias recibirán aí un código que deben indicar cando avisen de que os cativos van quedar a comer no centro).



MUDA PARA ALUMNOS E ALUMNAS AUTÓNOMOS


Dende a Anpa Herrerías habilitamos un espazo onde gardar unha muda para empregar durante o servizo de comedor. Esta opción está pensada para todos aqueles alumnos e alumnas AUTÓNOMOS que por diversas circunstancias, como mollarse no patio, poidan precisar cambiar de roupa á hora do xantar. 


Polo tanto o alumnado debe ser completamente autónomo, é dicir: debe poder: depositar a muda no lugar correspondente; reclamar a súa roupa e identificala; cambiarse sen axuda; meter a roupa sobrante nunha bolsa e levala de volta á casa cando sexa preciso.


Nesta ligazón tedes toda a información e requisitos para utilizar esta opción.



ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS


Segundo estableceu o Consello Escolar do centro, o alumnado con necesidades específicas de apoio non poderá ser usuario destes servizos no caso de non haber persoal de apoio que lles poida prestar a atención que precisan.


Se tedes algunha dúbida o suxestión non dubidedes en poñervos en contacto con nós no noso correo electrónico: apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


sábado, 31 de agosto de 2024

O CONCELLO PUBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE CONCESIÓN DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2024/25

sábado, agosto 31, 2024 0

Benqueridas familias,



Xa está publicada, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe definitiva de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2024/2025. Podedes consultala nesta ligazón.


Pódese renunciar ou aceptar de forma expresa a bolsa é entre o día 2 e o día 13 de setembro. De non facelo dentro dese prazo, entenderase que dita bolsa é tácitamente aceptada.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


martes, 20 de agosto de 2024

ÚLTIMOS DÍAS PARA A INSCRICIÓN NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES DENDE O COMEZO DE CURSO!!

martes, agosto 20, 2024 0

Benqueridas familias, 


Lembrámosvos que xa está aberto o prazo para apuntarse nos servizos de comedor, madrugadores e cambiadores e que as inscricións para principio de curso estarán abertas ata o 30 de agosto. A partir dese día poderanse realizar ata o día 26 do mes en curso e serán efectivas dende o día 1 do seguinte mes.


Tedes toda a información sobre a inscrición neses servizos e sobre como facervos socios da ANPA nesta ligazón.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


sábado, 10 de agosto de 2024

O CONCELLO PUBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE CONCESIÓN DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2024/25

sábado, agosto 10, 2024 0

Benqueridas familias,


Xa está publicada, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2024/2025. Os listados identifican as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

                                                                

Pódense consultar en:

 

 

As persoas propostas como beneficiarias deben realizar as xestións oportunas  con Jardanay para ter asignada ao comezo do curso escolar unha das prazas dispoñibles no comedor.


O plazo de alegacións está aberto ata o día 21 de agosto. Pódense presentar en calquera dos rexistros municipais, na sede electrónica do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto na da lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

lunes, 1 de julio de 2024

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA ANPA E NOS SERVIZOS DE COMEDOR, MADRUGADORES E CAMBIADORES PARA O PRÓXIMO CURSO

lunes, julio 01, 2024 0

Benqueridas familias, 


Desde hoxe, e ata o 30 de agosto, está aberto o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores para o próximo curso 2024/25. 


A inscrición realizarase un ano máis a través da web de Jardanay cos seguintes identificadores:


  • Usuario: cidadevella 
  • Contrasinal: comedores2024


Coma os cursos anteriores ofreceranse servizos diarios, esporádicos ou en días puntuais que, nos casos de comedor e madrugadores con almorzo contemplan necesidades alimentarias especiais, como dietas brandas ou alerxias e intolerancias alimentarias. 


Ademais, Jardanay ofrece ás familias con rapaces en Educación Infantil a contratación dun servizo de cambiadores, mediante o que persoal desta empresa desprazase ao centro escolar para cambiar aos nenos cando é preciso. 


Jardanay cobrará unha cota de tramitación de servizos de 25 euros, que será gratuíta para as familias socias da ANPA, que, polo tanto, non terán que pagala. 


Por último, lembramos que a solicitude da bolsa comedor do Concello da Coruña non equivale a un posto no comedor do colexio, polo que é preciso facer a inscrición tal e como se vén de explicar. Ademais, mentres non estea concedida a bolsa débese pagar igualmente o servizo á empresa Jardanay. 


Inscrición na ANPA


Tamén queda aberto xa o prazo de inscrición para ser socios da ANPA Herrerías do noso CEIP Cidade Vella o próximo curso. Lembramos que é necesario:


  • Inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende o formulario que está nesta mesma páxina web.
  • Pagar anualmente a cota de 20 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición. 
  • Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com) poñendo no concepto o nome dos nenos e os seus apelidos. 



Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedesvos poñer en contacto con nós no noso correo electrónico. Unha aperta!


ANPA Herrerías


miércoles, 19 de junio de 2024

INSCRICIÓN NA ANPA E NOS SERVIZOS DE COMEDOR, MADRUGADORES E CAMBIADORES PARA O PRÓXIMO CURSO

miércoles, junio 19, 2024 0

Benqueridas familias, 


O día 1 de xullo abrirase o prazo de inscrición para ser socios da ANPA Herrerías do noso CEIP Cidade Vella no curso 2024/2025. Lembramos que é necesario:


  • Inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende o formulario que está nesta web.
  • Pagar anualmente a cota de 20 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición. 
  • Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com) poñendo no concepto o nome dos nenos e os seus apelidos. 


Ese mesmo día comezará o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores, que estará aberto ata o 30 de agosto





A través da empresa Jardanay ofreceranse servizos diarios, esporádicos ou en días puntuais que, nos casos de comedor e madrugadores con almorzo contemplan necesidades alimentarias especiais, como dietas brandas ou alerxias e intolerancias alimentarias. 


O servizo é de liña quente, que quere dicir que o centro non dispón de cociña propia, senón que a comida se prepara nas naves da empresa e se leva quente ao centro, sen pasar por ningún proceso de conservación a maiores. Nos menús priman os produtos locais e de tempada.


Ademais, Jardanay ofrece ás familias con rapaces en Educación Infantil a contratación dun servizo de cambiadores, mediante o que persoal desta empresa desprazase ao centro escolar para cambiar aos nenos cando é preciso. 


Jardanay cobrará unha cota de tramitación de servizos de 25 euros, que será gratuíta para as familias socias da ANPA, que, polo tanto, non terán que pagala. 


A inscrición realizarase un ano máis a través da web de Jardanay cos seguintes identificadores:


  • Usuario: cidadevella 
  • Contrasinal: comedores2024


Por último, lembramos que a solicitude da bolsa comedor do Concello da Coruña non equivale a un posto no comedor do colexio, polo que é preciso facer a inscrición tal e como se vén de explicar. Ademais, mentres non estea concedida a bolsa débese pagar igualmente o servizo á empresa Jardanay. 


Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedesvos poñer en contacto con nós no noso correo electrónico: apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!


ANPA Herrerías



sábado, 8 de junio de 2024

ENTREGA DOS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 22/23 PARA TODAS AS FAMILIAS EXCEPTO AS BENEFICIARIAS DA BOLSA COMEDOR DO CONCELLO

sábado, junio 08, 2024 0

Benqueridas familias,


A próxima semana repartiremos os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2022/2023 (é dicir, do curso pasado). Esta subvención é para TODO O ALUMNADO QUE UTILIZASE O COMEDOR EXCEPTO OS QUE FORON BENEFICIARIOS DA BOLSA COMEDOR MUNICIPAL, xa que estas persoas quedan exentas da axuda. 


Non é preciso ter solicitado ou tramitado nada: é a ANPA Herrerías quen realiza a xestión ante a Xunta de Galicia e quen revisa os datos con Jardanay.


Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA os días:

-Luns de 15:30 a 16:30

-Martes de 9:00 a 9:30

-Martes de 15:30 a 17:00

-Mércores de 15:30 a 16:30

-Xoves de 9:00 a 9:30

-Venres de 15:30 a 17


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI ou documento de identidade equivalente. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.


Se alguén non pode recoller o cheque nestes días, pode poñerse en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com) para tratar de buscar unha solución.



Unha aperta!

ANPA Herrerías


domingo, 26 de mayo de 2024

MENÚ DO COMEDOR PARA AS EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO

domingo, mayo 26, 2024 0

Benqueridas familias,


Desde Jardanay informánnos de que o menú picnic que levará a rapazada ás excursións de fin de curso incluirá:

  • un bocadillo de lomo e queixo (o tamaño axustarase á idade dos nenos).
  • unha banana
  • unha mandarina
  • unha botella de auga


Este menú adaptarase segundo as necesidades específicas da cativada con dietas especiais.


Jardanay preparará estes menús para que os leven todos os alumnos que usan a diario o comedor. No caso das familias que son usuarios esporádicos e que o queiran tamén para os seus nenos deben avisar á coordinadora alomenos con tres días de antelación.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

martes, 16 de abril de 2024

AS BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS PARA O CURSO 2024-2025 PÓDENSE SOLICITAR A PARTIR DE MAÑÁ

martes, abril 16, 2024 0

Benqueridas familias,


A partir do día 17 de abril poderanse presentar as solicitudes para as bolsas comedor do curso 2024-25 do Concello da Coruña. O prazo estará aberto ata o día 8 de maio.


Toda a información da convocatoria pódese consultar:


Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, o Concello vai realizar sesións informativas nos centros cívicos municipais nas seguintes datas:

  • 24 de abril, mércores, centro cívico Os Mallos ás 18.00 h
  • 25 de abril, xoves, centro cívico Mesoiro ás 20.00 h
  • 26 de abril, venres, centro cívico Monte Alto ás 11.30 h
  • 30 de abril, martes, centro cívico San Diego ás 10.30 h


Unha aperta!

ANPA Herrerías


martes, 2 de abril de 2024

jueves, 22 de febrero de 2024

MAÑÁ NO COMEDOR SERVIRASE CALDO GALEGO PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA

jueves, febrero 22, 2024 0

Benqueridas familias,


Mañá, co gallo do Día de Rosalía, dende o comedor do colexio colaborarase coa Fundación Rosalía de Castro na iniciativa Caldo de gloria 2024, polo que o primeiro plato que se servirá será un caldo galego (o segundo e a sobremesa mantéñense segundo o previsto no menú).

 

Deste xeito lémbrase o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote.


A rapazada contará mañá con manteis de papel desechables onde poderán ler esta poesía.



Unha aperta!

ANPA Herrerías

martes, 9 de enero de 2024

lunes, 4 de diciembre de 2023

MUDA PARA COMEDOR

lunes, diciembre 04, 2023 0

Benqueridas familias.


Dende a Anpa Herrerías habilitamos un espazo onde gardar unha muda para empregar durante o servizo de comedor.

Esta opción está pensada para todos aqueles alumnos e alumnas, AUTÓNOMOS, que por diversas circunstancias, como mollarse no patio, poidan precisar cambiar de roupa á hora do xantar.


CONDICIÓNS:

1. A alumna ou alumno debe ser completamente autónoma, é dicir:
  • Depositar a muda no lugar correspondente.
  • Reclamar a súa muda e identificala.
  • Cambiarse sen axuda.
  • Meter a roupa sobrante nunha bolsa.
  • Levala de volta á casa.

2. Todas as prendas de roupa estarán identificadas, dentro dunha única bolsa na que constará o nome e o curso ó que pertence o alumno ou alumna.

3. As mudas deixaranse ordenadas por cursos na estantería situada no cuarto a carón dos baños da planta baixa.

4. Será o propio alumnado o encargado de depositar e coller a súa muda no lugar correspondente. 

5. Para o bo desenvolvemento desta iniciativa é imprescindible que se manteña a orde na estantería e e na estancia onde se gardan as mudas. 

6. Nin a Anpa, nin o CEIP Cidade Vella, nin o servizo de comedor se fan responsables das prendas ou complementos que poidan estragarse ou desaparecer.

7. As traballadoras do servizo de comedor NON cambian ó alumnado.





Para os nenos e nenas que precisan de axuda para coller a roupa, cambiarse ou meter a roupa na súa correspondente roupa, e tal e como vén acontecendo dende o inicio de curso, a responsable do comedor chamará as familias en caso de que sexa necesario.

Lembrámosvos ademais que tendes á vosa disposición o servizo de pago de cambiadores, que podedes xestionar directamente coa empresa Jardanay.

Un saúdo.
Anpa Herrerías.