miércoles, 19 de julio de 2023

PUBLICADA A LISTAXE DE CONCESIÓNS E DENEGACIÓNS DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2023-24

 Benqueridas familias, 


Dende o Concello da Coruña informannos de que xa está publicada a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

                                                                

Pódense consultar en:


As persoas beneficiarias de bolsa deberán realizar, no prazo habilitado por cada entidade xestora do comedor, os trámites necesarios (matrícula, reserva de praza...) para dispor dunha praza que permita a súa incorporación ao servizo de comedor durante todo o período subvencionado.


O prazo para a presentación de alegacións está aberto ata o 1 de agosto, e poderá presentarse, previa cita:

  • nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa
  • no rexistro telemático da sede electrónica municipal 
  • en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedesvos poñer en contacto con nós no noso correo electrónico: apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario