Benqueridas familias,
Desde o Concello da Coruña infórmannos de que onte, 7 de marzo de 2023, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.
O prazo de presentación de solicitudes é do 13 de marzo ao 12 de abril (ambos incluídos).
Toda a información da convocatoria pódese consultar:
- no teléfono 010 de información cidadán
Entre outros requisitos para acceder á bolsa, o alumnado solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.
Unha aperta,
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario