domingo, 25 de junio de 2023

O CONCELLO DA CORUÑA PUBLICA A LISTAXE DE REQUIRIMENTOS DE CORRECCIÓN PARA AS BOLSAS COMEDOR

Benqueridas familias, 


Dende o Concello da Coruña infórmannos de que xa está publicada a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024.


Pódense consultar:

- No taboleiro de edictos do Concello

- Na páxina web municipal de Servizos Sociais


Segundo indica o Concello, a listaxe cos requirimentos de emenda de documentación identificará as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente SI se terá por desistida a solicitude) así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).


O prazo para a presentación da documentación requirida está aberto ata o 12 de xullo e poderá presentarse, previa cita, nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario