miércoles, 18 de septiembre de 2024

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O BONO CONCILIA FAMILIA DA XUNTA DE GALICIA

Benqueridas familias,


Ata o día 18 de outubro está aberto o prazo para solicitar o Bono Concilia Familia, unha axuda económica da Xunta de Galicia para financiar servizos de conciliación contratados polas familias con nenos e nenas de ata 13 anos durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. 


Esta axuda está destinada a subvencionar a contratación de persoas coidadoras a domicilio, campamentos, ludotecas ou outros servizos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.


Poden solicitalo  aquelas familias:

  • que residan en Galicia
  • que teñan alomenos unha nena ou un neno de ata 13 anos de idade (nacidos despois do 1/1/2011)
  • nas que os dous proxenitores traballen no período solicitado (ou un no caso das familias monoparentais)


Tedes toda a información nesta ligazón.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario