Benqueridas familias,
Nos próximos días repartiremos os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2021/2022 (é dicir, do curso pasado) para os alumnos que non foron beneficiarios da bolsa comedor, xa que estes quedan exentos da axuda. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.
Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA os días:
-Xoves, 8 de xuño, de 16.00 h a 17.00 h
-Venres, 9 de xuño, de 9.00 a 10.00 h e de 16.00 a 17.00 h
Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI ou documento de identidade equivalente.
Se alguén non pode recoller o cheque nestes días, pode poñerse en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com) para tratar de buscar unha solución.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario