jueves, 4 de septiembre de 2025

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2025/26


Benqueridas familias, 

 

Dende hoxe e ata o día 15 de setembro (incluído) está aberto o prazo de inscrición nas extraescolares para o curso 2025/2026. 

 

A confirmación das actividades nas que finalmente se cree grupo (por haber suficientes persoas inscritas nelas) farase na segunda quincena deste mes de setembro, e as clases e adestramentos comezarán no mes de outubro. 

 

No arquivo que vos enviamos podedes ver o horario no que se desenvolverán cada unha delas e a súa descrición. Ademais atoparedes información sobre como realizar a inscrición, prezos e condicións para que as propostas poidan saír adiante.  


Como veredes no documento anexo algunhas actividades comezan en horario de comedor, ás 15:15 e as últimas rematan ás 18:00h.


Mantéñense moitas das actividades ofrecidas nos cursos anteriores e inclúense novidades en función dos resultados da enquisa realizada entre as familias antes das vacacións de verán. 

Como cociña e apoio escolar.


Un ano máis contamos coa empresa Serocio como proveedora



de servizos e coa fin de enriquecer a oferta e facilitar a conciliación este curso poñemos tamén á vosa disposición propostas  da Federación Provincial de Centros Públicos da Coruña. Entre elas Xadrez, Xogos Tradicionais e Mans que falan.


E completamos a proposta con outras empresas especializadas como Sonicreques, Robótica, Os xogos de Taboleiro de Crecer creando ou a Academia de inglés In English please.



SERVIZO DE CONCILIACIÓN NO MES DE SETEMBRO 

 

Ao non inscribirse o número mínimo de alumnos requerido na actividade CÓXEGAS. Este ano NON haberá servizo de conciliación en setembro. 




 

Se tedes dúbidas podedes envialas, coma sempre, ao noso mail apaherrerias@gmail.com. 

 

Animámosvos a apuntar ao alumnado e entre todos e todas construir unha comunidade educativa de aprendizaje, saúde e benestar. 


Unha aperta e moito ánimo na costa de setembro. 

ANPA Herrerías






No hay comentarios:

Publicar un comentario