martes, 30 de junio de 2026

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2026/2027




Familias:


Xa está dispoñible a proposta provisional de actividades extraescolares para o vindeiro curso.


📅 As actividades comezarán o 1 de outubro de 2026.


📝 Prazo de inscrición:

➡️ Do 1 de xullo ao 14 de setembro de 2026 ás 23:59 h.


🤝 Ademais, desde o 1 de xullo tamén estará aberto o prazo de inscrición no programa CÓXEGAS, a proposta de conciliación para o mes de setembro, período no que aínda non hai actividades extraescolares.


👧🧒 CÓXEGAS está dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria e desenvolverase do 9 ao 30 de setembro de 2026.


🔗 Na seguinte ligazón podedes consultar o documento coa proposta provisional de actividades, horarios, prezos, modalidades de inscrición e os datos de contacto correspondentes a cada actividade.


https://drive.google.com/file/d/1q9h4nmD5e8JXGQp4QOlzTRkioh_-YRJu/view?usp=drivesdk


📩 Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto coa ANPA a través do correo electrónico:

apaherrerias@gmail.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario