Benqueridas familias,
A partir do día 17 de abril poderanse presentar as solicitudes para as bolsas comedor do curso 2024-25 do Concello da Coruña. O prazo estará aberto ata o día 8 de maio.
Toda a información da convocatoria pódese consultar:
- na web municipal de servizos sociais
- na sede electrónica municipal
- no teléfono 010 de información cidadá
Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, o Concello vai realizar sesións informativas nos centros cívicos municipais nas seguintes datas:
- 24 de abril, mércores, centro cívico Os Mallos ás 18.00 h
- 25 de abril, xoves, centro cívico Mesoiro ás 20.00 h
- 26 de abril, venres, centro cívico Monte Alto ás 11.30 h
- 30 de abril, martes, centro cívico San Diego ás 10.30 h
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario