INFORMACIÓN E CONTACTO

 Quen somos


A ANPA é a ferramenta principal da que dispoñemos as familias para canalizar a nosa opinión e participar nas decisións do centro, contribuíndo a enriquecer a comunidade educativa. Tamén colabora na realización de eventos no centro tales como celebracións, actividades de conciliación, actividades globais ou proxectos educativos complementarios para toda a comunidade.