martes, 15 de julio de 2025

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA ANPA E NOS SERVIZOS DE COMEDOR, MADRUGADORES PARA O CURSO 2025/26

 Benqueridas familias, 


Ata o 31 de agosto, está aberto o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores para o próximo curso 2025/26


A inscrición realizarase un ano máis a través da web de Jardanay cos seguintes identificadores:


  • Usuario: cidadevella 
  • Contrasinal: comedores2025


Coma os cursos anteriores ofreceranse servizos diarios, esporádicos ou en días puntuais que, nos casos de comedor e madrugadores con almorzo contemplan necesidades alimentarias especiais, como dietas brandas ou alerxias e intolerancias alimentarias. 


Ademais, Jardanay ofrece ás familias con rapaces en Educación Infantil a contratación dun servizo de cambiadores, mediante o que persoal desta empresa desprazase ao centro escolar para cambiar aos nenos cando é preciso. 


Jardanay cobrará unha cota de tramitación de servizos de 25 euros, que será gratuíta para as familias socias da ANPA, que, polo tanto, non terán que pagala. 


Por último, lembramos que a solicitude da bolsa comedor do Concello da Coruña non equivale a un posto no comedor do colexio, polo que é preciso facer a inscrición tal e como se vén de explicar. Ademais, mentres non estea concedida a bolsa débese pagar igualmente o servizo á empresa Jardanay. 


Inscrición na ANPA


Tamén está aberto onprazo de inscrición para ser socios da ANPA Herrerías do noso CEIP Cidade Vella o próximo curso. Lembramos que é necesario:


  • Inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende o formulario que está nesta mesma páxina web.
  • Pagar anualmente a cota de 20 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición. 
  • Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com) poñendo no concepto o nome dos nenos e os seus apelidos. 














Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedesvos poñer en contacto con nós no noso correo electrónico. Unha aperta! E feliz verán!


ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario