VOLTA AO COLE!
Benqueridas familias!
Mañá 8 de setembro, o alumnado regresa ás aulas e retómase o servicio de COMEDOR e MADRUGADORES.
Para o seu bo funcionamento lembrámosvos que:
🕒 Hai dous HORARIOS de saída do comedor:
De 15:30 a 15:40h
De 15:50 a 16h
PRÉGASE MÁXIMA PUNTUALIDADE. A XORNADA LABORAL DO PERSOAL DE COMEDOR REMATA ÁS 16h.
🚪 SAÍDAS
O alumnado de Infantil e os/as que teñan irmás nese primeiro ciclo sairán pola porta principal.
O alumnado de Primaria sairá pola porta lateral.
📞 O teléfono de contacto co servizo de madrugadores e comedor para emerxencias ou avisos (por exemplo, en caso de que alguén precise realizar a recollida antes de tempo) é o 647468911, e estará en funcionamento de 7:30 a 9:00 h e de 12:30 a 15:55 h. de luns a venres.
👨👦👦 Ningún rapaz poderá marchar só, ou con alguén que non sexa unha persoa previamente autorizada, se non ten unha autorización escrita para facelo. No caso dunha urxencia ou dun caso puntual é preciso poñerse en contacto con Jardanay para explicarlles a situación e facerlles chegar o correspondente permiso asinado.
🪥 Recomendamos que o alumnado leve un estoxo con cepillo e pasta de dentes (que non poderán deixar no colexio, polo que o deberán traer todos os días na mochila).
💻 Os usuarios de 5º e 6º de Educación Primaria non poderán utilizar os ordenadores portátiles en horario de madrugadores nin de comedor.
INSCRICIÓN NO SERVIZO
En setembro ninguén pode quedar a comedor/madrugadores se non fixo a inscrición no seu momento. Obter unha axuda económica (como as bolsas para comedor do Concello) non equivale a un posto no comedor do colexio.
Para realizar a inscrición e apuntar á rapazada a partir do mes de outubro tedes toda a información sobre como apuntarse aos servizos de comedor, madrugadores e cambiadores nesta ligazón:
USUARIOS ESPORÁDICOS
Para realizar un uso esporádico do servizo é necesario que vos deades de alta na web de Jardanay e, cando se precisedes utilizar o comedor tedes que:
-poñervos en contacto coa central da empresa
-avisar tamén no teléfono de contacto.
NON se realizará o pago en efectivo para o uso esporádico do comedor, senón a través desta páxina web: https://vales.jardanay.es/ (as familias recibirán aí un código que deben indicar cando avisen de que os cativos van quedar a comer no centro).
MUDA PARA ALUMNOS E ALUMNAS AUTÓNOMOS
Dende a Anpa Herrerías habilitamos un espazo onde gardar unha muda para empregar durante o servizo de comedor. Esta opción está pensada unicamente para todos aqueles alumnos e alumnas AUTÓNOMOS que por diversas circunstancias, como mollarse no patio, poidan precisar cambiar de roupa á hora do xantar.
Polo tanto o alumnado debe ser completamente autónomo, é dicir: debe depositar a muda no lugar correspondente; reclamar a súa roupa e identificala; cambiarse sen axuda; meter a roupa sobrante nunha bolsa e levala de volta á casa cando sexa preciso.
Nesta ligazón tedes toda a información e requisitos para utilizar esta opción:
https://anpaherrerias.blogspot.com/2023/12/muda-para-comedor.html
MENÚ:
A continuación podedes consulta o menú do primeiro trimestre.
Se tedes algunha dúbida o suxestión non dubidedes en poñervos en contacto con nós no noso correo electrónico: apaherrerias@gmail.com.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario