martes, 10 de octubre de 2023

PUBLÍCANSE AS LISTAXES DEFINITIVAS DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

Benqueridas familias,


Dende o Concello da Coruña informánnos de que xa están publicadas as listaxes definitivas das axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024. Pódense consultar:


Os listados identifican as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado. Con esta publicación ábrese o prazo para a interposición do recurso potestativo de reposición que será dun mes (dende hoxe ao 9 de novembro, ambos incluídos), e poderá presentarse, previa cita (que se pode pedir no 010 ou nesta ligazón):

  • nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa)
  • no rexistro telemático da sede electrónica municipal 
  • en calquera outro dos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario