Dende hoxe e ata o 4 de abril está aberto o prazo para solicitar as bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2025/2026. Toda a información da convocatoria pódese consultar:
- na web municipal de Servizos Sociais
- na sede electrónica municipal
- no teléfono 010 de información cidadá
Para acceder á bolsa, a persoa solicitante deberá (entre outros requisitos):
- Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF)
- Estar empadroado/a no Concello da Coruña
- Ter a súa matrícula (ou solicitude de matrícula) nun centro educativo do termo municipal da Coruña
- Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial do comedor e asistir a el todos os días (de luns a venres) durante todo o período lectivo, de setembro de 2025 a xuño de 2026
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario