📢 Familias,
Xa está publicada no taboleiro de anuncios e web do Concello da Coruña a proposta provisional de concesión e denegación das bolsas de comedor escolar para o curso 2026/2027.
📄 Podedes consultar as listaxes (identificadas co número de expediente) na ligazón que vos deixamos a continuación:
⚠️ Importante:
• Se o centro escolar que figura na listaxe provisional cambiou, é necesario comunicalo a través do Rexistro Municipal.
• O prazo para presentar alegacións estará aberto do 9 ao 22 de xullo, ambos os dous incluídos.
🍽️ Se sodes beneficiarios/as da bolsa de comedor, lembrade que é imprescindible rexistrarse na páxina web de Jardanay para ter praza asignada.
📅 O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 31 de agosto.
🔗 Podedes facer o rexistro aquí:
https://comedores.jardanay.es/Acceso
ℹ️ Se precisades máis información sobre o proceso de rexistro, podedes consultar as publicacións anteriores.
📧 Para calquera dúbida, podedes contactar directamente coa empresa:
📥 comedor@jardanay.es
📲 981 126 627.
Unha aperta,
ANPA HERRERÍAS 💚
_____________________
📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA!
https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G
https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu
💙 TELEGRAM
https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg
🧡 BLOGGER
No hay comentarios:
Publicar un comentario