Benqueridas familias,
O día 1 de xullo abrirase o prazo de inscrición para ser socios da ANPA Herrerías do noso CEIP Cidade Vella no curso 2024/2025. Lembramos que é necesario:
- Inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende o formulario que está nesta web.
- Pagar anualmente a cota de 20 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.
- Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com) poñendo no concepto o nome dos nenos e os seus apelidos.
Ese mesmo día comezará o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores, que estará aberto ata o 30 de agosto.
A través da empresa Jardanay ofreceranse servizos diarios, esporádicos ou en días puntuais que, nos casos de comedor e madrugadores con almorzo contemplan necesidades alimentarias especiais, como dietas brandas ou alerxias e intolerancias alimentarias.
O servizo é de liña quente, que quere dicir que o centro non dispón de cociña propia, senón que a comida se prepara nas naves da empresa e se leva quente ao centro, sen pasar por ningún proceso de conservación a maiores. Nos menús priman os produtos locais e de tempada.
Ademais, Jardanay ofrece ás familias con rapaces en Educación Infantil a contratación dun servizo de cambiadores, mediante o que persoal desta empresa desprazase ao centro escolar para cambiar aos nenos cando é preciso.
Jardanay cobrará unha cota de tramitación de servizos de 25 euros, que será gratuíta para as familias socias da ANPA, que, polo tanto, non terán que pagala.
A inscrición realizarase un ano máis a través da web de Jardanay cos seguintes identificadores:
- Usuario: cidadevella
- Contrasinal: comedores2024
Por último, lembramos que a solicitude da bolsa comedor do Concello da Coruña non equivale a un posto no comedor do colexio, polo que é preciso facer a inscrición tal e como se vén de explicar. Ademais, mentres non estea concedida a bolsa débese pagar igualmente o servizo á empresa Jardanay.
Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedesvos poñer en contacto con nós no noso correo electrónico: apaherrerias@gmail.com.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario