viernes, 20 de septiembre de 2024

ACTUALIZACIÓN DAS EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2024/25 E AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES CON PRAZAS LIBRES

Benqueridas familias,


Unha vez rematado o prazo de preinscrición, actualizamos toda a información referente ás actividades extraescolares:


ACTIVIDADES CON CUPO COMPLETO (NON admiten máis inscricións):


  • Inglés de 3º e 4º de Educación Primaria
  • Robótica na primeira hora
  • Yoga en familia
  • Sonicreques para Educación Primaria.



QUEDAN FÓRA POR FALTA DE INSCRICIÓNS:


  • Fun English de martes e venres
  • Crea e experimenta
  • Predeporte
  • Atletismo de Educación Infantil
  • Pinta e crea
  • Ilustración e cómic
  • Inglés de 5º e 6º de Educación Primaria


Ademais, unifícanse os grupos de fútbol, que pasará a ser só os venres ás 16 h.





Para o resto de actividades abrimos un PLAZO EXTRAORDINARIO DE PREINSCRIPCIÓN e podedes anotarvos dende agora e ata o 25 de setembro nesta ligazón.


A asignación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición.


Lembrade que aquí tedes toda a información referente ás actividades extraescolares.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario