Ata o día 26 de setembro estará aberto o prazo de preinscrición para o Programa de Natación Escolar nos centros educativos públicos do Concello da Coruña que este ano está dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. As clases realizaranse na piscina do Clube do Mar de San Amaro os mércores de 17:15 h. a 18:00 h. entre o 14 de outubro e o 30 de maio.
As persoas interesadas en inscribirse deben enviar un mail cos seus datos (nome do/a menor, nome/s do/s pai/s ou titor/es e datos de contacto) á dirección de e-mail da ANPA (apaherrerias@gmail.com) ata o 26 de setembro. As prazas asignaranse por orde de solicitude ata un máximo de 15, que son as que o Concello concedeu ao CEIP Cidade Vella.
O custo por alumno é de 55,07 euros (que inclúe, ademais das clases, o traslado en autobús e a cobertura sanitaria). As persoas que realicen a preinscrición deberán formalizala no Clube do Mar de San Amaro, do 30 de setembro ao 4 de outubro entregando a folla de inscrición cuberta e realizando alí o pago da actividade.
O traslado dende o colexio ata a piscina farase en autobús. A campaña esixe que cada centro garanta a presenza dun adulto para responsabilizarse dos alumnos durante o tempo que permanezan na parada. Polo tanto, é IMPRESCINDIBLE que haxa algún voluntario para ser o coordinador/a da campaña de natación (algo do que debe informarnos á hora de escribirnos para facer a preinscrición).
Neste sentido, aclaramos que esta actividade non a organiza a ANPA Herrerías, senón o propio Servizo municipal de deportes do Concello da Coruña.
As sesións son de 45 minutos, e os nenos teñen dez minutos antes e despois para cambiarse. Deste xeito, a recollida farase no colexio ás 16:55 h e o horario de entrega será ás 18:25 h.
Compartimos con vós a folla de inscrición que debedes levar cuberta á hora de formalizar á inscrición no Clube do Mar. Para calquera aclaración sobre a actividade debédesvos dirixir ao Servizo Municipal de Deportes, a través do teléfono 981189800.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario