lunes, 2 de septiembre de 2024

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DE CONCILIACIÓN DO CURSO 2024/25

Benqueridas familias,


Dende hoxe e ata o día 17 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas actividades extraescolares para o curso 2024/2025.


A confirmación das actividades nas que finalmente se cree grupo (por haber suficientes persoas inscritas nelas) farase na segunda quincena deste mes de setembro, e as actividades comezarán no mes de outubro.


No seguinte arquivo podedes ver o horario no que se desenvolverán e atoparedes información sobre como realizar a inscrición e a descrición das clases, prezos e condicións para que as propostas poidan saír adiante. 



Mantéñense case todas as actividades que se ofreceron os cursos anteriores (algunhas tivemos que deixar de ofertalas por causas alleas a nós, como patinaxe, que non se pode seguir impartindo debido ao estado do patio); e inclúense as extraescolares máis votadas na enquisa que realizamos entre as familias antes das vacacións de verán.


SERVIZO DE CONCILIACIÓN NO MES DE SETEMBRO


Ademais, para as tardes de setembro (nas que aínda non estarán funcionando as extraescolares), organizarase un servizo de conciliación en horario de 16:00 a 17:00 h en que a rapazada realizará distintas actividades, como manualidades, teatro, deportes, pintura… 


A actividade estará coordinada por monitores de SerOcio, e só se ofertará se hai un número suficiente de persoas apuntadas. Neste caso, o prazo para preinscribirse remata o mércores 4 de setembro. Tedes toda a información nesta ligazón.


Se tedes dúbidas podedes envialas, coma sempre, ao noso mail apaherrerias@gmail.com.



Unha aperta!

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario