miércoles, 13 de septiembre de 2023

RECORDATORIO SOBRE O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR E MENÚS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Benqueridas familias,


Para o bo funcionamento do servizo do comedor, lembrámosvos que:


👉 Hai dous horarios de saída do comedor: ás 15:30 h e ás 15:50 h, e pregamosvos que sexades puntuais tanto se vides na primeira quenda como na segunda. Non é un horario continuo: a porta pecharase entre estas dúas horas, polo que quen non poida chegar ás 15:30 h deberá agardar ás 15:50 h para recoller aos seus nenos. 


👉 Ningún rapaz poderá marchar só, ou con alguén que non sexa unha persoa previamente autorizada, se non ten unha autorización escrita para facelo. No caso dunha urxencia ou dun caso puntual é preciso poñerse en contacto con Jardanay para explicarlles a situación e facerlles chegar o correspondente permiso asinado.


👉 En setembro ninguén pode quedar a comedor/madrugadores se non fixo a inscrición, e obter unha axuda económica (como as bolsas para comedor do Concello) non equivale a un posto no comedor do colexio. Se non se fixo a inscrición terá que facerse agora, pero xa para empezar no mes de outubro. Nesta ligazón tedes toda a información sobre como apuntarse aos servizos de comedor, madrugadores e cambiadores.


👉 Recomendamos que o alumnado leve un estoxo con cepillo e pasta de dentes (que non poderán deixar no colexio, polo que o deberán traer todos os días na mochila).


Compartimos con vós os menús do primeiro trimestre facilitados por Jardanay:



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


Doutra banda, recordade que ata o domingo, 17 de setembro, estará aberto o prazo de preinscrición das actividades extraescolares para o curso 2023/2024. Nesta ligazón tedes toda a información sobre a proposta de actividades para este curso.


Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia estamos disponibles, coma sempre, na nosa dirección de correo electrónico apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!


ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario