jueves, 7 de septiembre de 2023

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CURSO 2023/2024

Benqueridas familias,


Dende hoxe e ata o día 17 de setembro estará aberto o prazo de preinscrición das actividades extraescolares para o curso 2023/2024. 



Poñemos á vosa disposición o dossier informativo da proposta de actividades ampliado co método de preinscrición. Nel explícase tamén: 

  • como inscribirse na ANPA 
  • como pagar a cota de matriculación, de 22 euros anuais por neno (que servirá para financiar o servizo de coordinación de actividades e o seguro de accidentes). 



A confirmación das actividades nas que finalmente se cree grupo (por haber suficientes alumnos inscritos nelas) farase na segunda quincena do mes de setembro.


No arquivo que vos enviamos podedes ver o horario no que se desenvolverán e atoparedes información sobre a descrición das clases, prezos e condicións para que as propostas poidan saír adiante. 


Ademais, no curso 2023/24 ofertamos un novo servizo de actividades extraescolares no tramo de 15:30 a 16:00, tendo en conta que o comedor seguerá operativo no horario de sempre. Son servizos complementarios.


No caso de que nalgunha actividade se apunten máis nenos/as das que se permite como máximo, en primeiro lugar tentaremos facer máis grupos e, de non ser viable, o criterio de admisión realizarase tentando que todos os rapaces teñan acceso a alguna actividade (se tedes preferencia por algunha, podedes incluílo no apartado de comentarios do formulario).


Para poder cumprir cos protocolos que a Consellería de Educación indica para a realización destas actividades, así como axudar ao equipo de nais e pais voluntarios que formamos a xunta directiva da ANPA, seguiremos contando coa colaboración da empresa Serocio para realizar o traballo de coordinación entre actividades, inscrición, etc.


Se tedes dúbidas podedes envialas, coma sempre, ao noso mail apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario