martes, 1 de agosto de 2023

ÁBRESE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NOS SERVIZOS DE COMEDOR, MADRUGADORES E CAMBIADORES

Benqueridas familias, 


Xa está aberto o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores. As inscricións para principio de curso estarán abertas ata o 30 de agosto; mentres que durante o resto do ano poderanse realizar ata o día 26 do mes en curso e serán efectivas dende o día 1 do seguinte mes.


A inscrición realizarase, como en anos anteriores, a través da web de Jardanay cos seguintes identificadores:

  • Usuario: cidadevella 
  • Contrasinal: comedores2023


A través da empresa Jardanay ofreceranse servizos diarios, esporádicos ou en días puntuais que, nos casos de comedor e madrugadores con almorzo contemplan necesidades alimentarias especiais, como dietas brandas ou alerxias e intolerancias alimentarias.


O servizo é de liña quente, é dicir, que o centro non dispón de cociña nas súas instalacións, pero a comida se prepara nas naves da empresa e se leva quente ao centro, sen pasar por ningún proceso de conservación a maiores. Nos menús priman os produtos locais e de tempada.


Ademais, ofrécese ás familias con rapaces en Educación Infantil o servizo de Cambiadores, mediante o que persoal de Jardanay desprazarase ao centro escolar para cambiar aos nenos se é preciso. 




A solicitude da bolsa comedor non equivale a un posto no comedor do colexio, polo que aínda que se solicite é preciso facer a inscrición tal e como se vén de explicar. Ademais, mentres non estea concedida a bolsa débese pagar igualmente o servizo á empresa Jardanay. 


INSCRICIÓN NA ANPA


Para ser socios da ANPA Herrerías (que é quen xestiona, entre outros, os servizos de comedor e madrugadores e as actividades extraescolares) é necesario:


  • Inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende o formulario que está nesta mesma páxina web.
  • Pagar anualmente a cota de 20 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición. 
  • Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com) poñendo no concepto o nome dos nenos e os seus apelidos. 


Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedesvos poñer en contacto con nós no noso correo electrónico: apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!


ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario