Informannnos dende o Concello da Coruña que desde hoxe, e ata o día 22 de setembro, poderase realizar a inscrición no Programa Municipal de Natación Escolar, organizado un ano máis polo Servizo municipal de deportes e dirixido aos alumnos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.
As clases realizaranse na piscina do Club del Mar de San Amaro os mércores de 17:15 h. a 18:00 h. entre o 2 de outubro e o 31 de maio.
O traslado dende o colexio ata a piscina farase en autobús. A campaña esixe que cada centro garanta a presenza dun adulto para responsabilizarse dos alumnos durante o tempo que permanezan na parada. Polo tanto, é IMPRESCINDIBLE que haxa algún voluntario para ser o coordinador/a da campaña de natación, que será a persoa de referencia á efectos de recibir as notificacións e transmitilas ás familias.
Polo tanto, é necesario que quen se vaia encargar da coordinación no colexio envíe un correo co seu nome, apelidos, email, e teléfono de contacto á dirección de correo raimundofernandez@serviplus.org.
Neste sentido, aclaramos que esta actividade non a organiza a ANPA Herrerías, senón o propio Servizo municipal de deportes do Concello da Coruña.
O custo por alumno é de 53,47 euros (que inclúe, ademais das clases, o traslado en autobús e a cobertura sanitaria). A inscrición realizarase por orde de chegada, entregando a folla de inscrición cuberta nas oficinas do Club del Mar e realizando alí o pago da actividade.
As sesións son de 45 minutos, e os nenos teñen dez minutos antes e despois para cambiarse. Deste xeito, a recollida farase no colexio ás 16:55 h e o horario de entrega será ás 18:25 h.
Compartimos con vós tanto a folla de inscrición como o a información sobre a campaña que nos fan chegar dende o Concello.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario