sábado, 9 de septiembre de 2023

COMEZO DO CURSO 2023-24 E ACLARACIÓNS SOBRE O SERVIZO DE COMEDOR

Benqueridas familias,


O próximo luns comeza o novo curso escolar e, con el, os servizos de madrugadores, comedor e cambiadores que ofrecemos un ano máis a través da empresa Jardanay.


Lembramos que en setembro ninguén pode quedar a comedor/madrugadores se non fixo a inscrición, e que obter unha axuda económica (como as bolsas para comedor do Concello) non equivale a un posto no comedor do colexio. Se non se fixo a inscrición terá que facerse agora, pero xa para empezar no mes de outubro. Nesta ligazón tedes toda a información sobre como apuntarse aos servizos de comedor, madrugadores e cambiadores.


Haberá dous horarios de saída do comedor: ás 15:30 h e ás 15:50 h. Non é un horario continuo: a porta pecharase entre estas dúas horas, polo que quen non poida chegar ás 15:30 h deberá agardar ás 15:50 h para recoller aos seus nenos. Todos os nenos sairán pola porta principal e ningún rapaz poderá marchar só se non ten unha autorización escrita para facelo.


No comedor, debido á capacidade do recinto e ao número de nenos apuntados, realizaranse dúas quendas de comidas. Recomendamos que o alumnado leve un estoxo con cepillo e pasta de dentes (que non poderán deixar no colexio, polo que o deberán traer todos os días na mochila).


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


Recordade que ata o día 17 de setembro estará aberto o prazo de preinscrición das actividades extraescolares para o curso 2023/2024, nesta ligazón tedes toda a información sobre a proposta de actividades para este curso.


CANLES DE COMUNICACIÓN DA ANPA HERRERÍAS


Debido a que ao principio de curso adoita haber moitas novas (actividades extraescolares, menús do comedor, aclaracións de dúbidas que poidan xurdir, etc.), lembrámosvos que a ANPA Herrerías ten dúas canles de comunicación coas familias:


O noso canal de Telegram: Recomendamos que, ademais de suscribirvos, activedes as notificacións para que o teléfono vos avise cando vos fagamos chegar algunha información. 


A nosa páxina web, na que compartimos a mesma información que no Telegram. Podedes suscribirvos a ela para recibir todas as novidades que se publiquen directamente no voso correo electrónico.


Ademais, para calquera dúbida, comentario ou suxerencia estamos disponibles, coma sempre, na nosa dirección de correo electrónico apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta e bo comezo de curso!


ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario