viernes, 10 de noviembre de 2023

OBRADOIRO DE IGUALDADE PARA FAMILIAS: PRAZAS ESGOTADAS!

Benqueridas familias:


Moitas grazas polo voso interese! Todas as PRAZAS para asistir ó Obradoiro de Promoción de Igualdade para familias están CUBERTAS!


Con todo, podedes seguir anotándovos, acabamos de abrir unha lista de espera. 


Aqueles que unha vez inscritos non poidades asistir, agradecémosvos que nos informedes, para poder ofertar esas vagas a outras familias.


Tanto para entrar nas listas de espera como para anular a vosa praza, podedes enviar un mail a apaherrerias@gmail.com indicando nome e apelidos dos asistentes e se solicitades ou solicitastes o servizo de conciliación. 


Agardámosvos o mércores, 15 de novembro, entre as 16 e 19h!


Unha aperta, 

Anpa Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario