miércoles, 15 de noviembre de 2023

AÍNDA TEMOS PRAZAS LIBRES NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES!

Benqueridas familias,

Recordade que en moitas actividades extraescolares quedan prazas libres e que podedes apuntar á rapazada ao longo de todo o curso. Ademais, a estas actividades sumamos agora baloncesto, xa que se incorporou ás clases un segundo monitor, polo que podemos ofertar novas prazas!

Neste momento hai prazas libres en:

  • Manualidades (para alumnado de EI + EP)
  • Fun English (para alumnado de EI + EP)
  • Baile moderno (para alumnado de EI + EP)
  • Inglés (para alumnado de EI + EP)
  • Sonicreques (para alumnado de EI + EP)
  • Brain Factory (para alumnado de EP)
  • Judo (para alumnado de EI + EP)
  • Baloncesto (para alumnado de EP)
  • Predeporte (para alumnado de EI + 1º de EP)
  • Segunda quenda de Robótica (para alumnado de EP)
  • Fútbol (para alumnado de EI + EP)
  • Pinta e crea / Ilustración e cómic (para alumnado de EI + EP)


Se alguén quere darse de alta nalgunha actividade podedes facelo enviando un e-mail a actividades.serocio@gmail.com antes do día 26 de cada mes, e a modificación terá efectos a partir do mes seguinte. A inscrición farase por orde de solicitude.


Tedes toda a información detallada sobre as distintas extraescolares neste mesmo blog, nesta ligazón.


Por último, lembramos que para formalizar a matrícula e participar nas actividades extraescolares é IMPRESCINDIBLE pagar unha cota de matriculación por neno/a (non por actividade) como usuario das actividades de 22 euros anuais que se destina a financiar o servizo de coordinación de actividades e o seguro de accidentes anual. Para iso tedes que facer unha transferencia ao número de conta da ANPA (podedes atopalo ao final do formulario de inscrición) indicando no concepto da transferencia "COTA ACTIVIDADES 2023/24 e nome e apelidos do alumno/a” e enviar o xustificante de pago ao noso correo electrónico.


Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia estamos disponibles, coma sempre, na nosa dirección de correo electrónico apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!


ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario