Benqueridas familias,
Grazas ao traballo voluntario da ANPA Herrerías e á subvención recibida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia (DOG Núm. 108, do 8 de xuño de 2023), a comunidade educativa do CEIP Cidade Vella será beneficiaria dos obradoiros de promoción da igualdade.
Estas son as actividades programadas:
👉PARA O ALUMNADO (en horario lectivo)
13 de novembro. Educación Infantil
CONTACONTOS: “Príncipas e princesos”. Pablísimo contará a historia de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos.
14 de novembro. 1º e 2º de Primaria
CONTACONTOS: “Planeta LGTBIQ”. Caxoto Contacontos interpreta a obra do Planeta M’BURRO que é (como o nome ben di) moi aburrido. Cando un M’burrido vén de expedición intergaláctica ó Planeta Terra, observa que aquí acéptase a diversidade e reprantéxase todo o que sempre deu por feito.
14 de novembro. 3º e 4º de primaria
CONTACONTOS: “Contos vellos, novos finais”. Caxoto Contacontos desmonta algúns contos tradicionais para limpalos de estereotipos de xénero e ofrecernos finais alternativos onde triunfa a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas.
15 de novembro. 5º e 6º de primaria
RAP COA IGUALDADE. Neste obradoiro, a través de dinámicas grupais, danse a coñecer as nocións básicas de composición de rap para que o alumnado realice unha canción sobre a igualdade de xénero. Os profesionais do colectivo “Vella Escola” serán os encargados de visibilizar o poder da música para lanzar mensaxes.
👉 PARA AS FAMILIAS
15 de novembro (de 16 a 19h)
“O superpoder da vulnerabilidade”. Sara Vierna Fernández - Almas Meraki, especialista en xénero e educación emocional, axudaranos a facilitar que os nenos solten as tensións e a rixidez da masculinidade tóxica.
Como NOVIDADE, este ano, haberá servizo de conciliación.
👉🏽 IMPORTANTE: Tanto para asistir a esta charla como para poder acceder ó servizo de monitores É PRECISO inscribirse enviando un mail a apaherrerias@gmail.com, indicando nome e apelidos dos asistentes e se se precisa o servizo de conciliación.
Unha aperta,
Anpa Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario