jueves, 5 de octubre de 2023

UN PATIO INCLUSIVO, VOTA!


¡Precisamos a vosa colaboración!


O Ceip Cidade Vella e a Anpa Herrerías veñen de presentar unha proposta nos orzamentos participativos do Concello de A Coruña. 


O obxectivo é conseguir fondos para poder remodelar o patio, renovalo e facer del un espazo máis habitable, que convide a todo o alumnado a participar con propostas innovadoras e inclusivas, (muro musical, rocódromo, murais…)


Para acadalo, a nosa proposta debe pasar varias fases que precisan do apoio de todos e todas.

Só as iniciativas con máis votos chegarán ó final. Así que temos ata o vindeiro día 10 de outubro para votar e avanzar.


VOTA AQUÍ! 


Poden votar as persoas empadrodas na cidade, a partir dos 16 anos, independentemente do seu distrito, así que agradecemos moito se compartides a iniciativa. 


💪🏽💪🏽💪🏽


Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario