Benqueridas familias,
Compartimos con vós o listado definitivo de actividades extraescolares que teremos este curso, unha vez pechado o prazo de inscrición:
No caso de que, unha vez iniciadas as clases, alguén queira darse de baixa ou de alta nalgunha actividade, poderá facelo enviando un e-mail a actividades.serocio@gmail.com antes do día 26 de cada mes, e a modificación terá efectos a partir do mes seguinte.
No que atinxe á entrega e á recollida da cativada, pregamosvos que sexades puntuais para facilitar o desenvolvemento das actividades. Ningún rapaz poderá marchar só, ou con alguén que non sexa unha persoa previamente autorizada, se non ten unha autorización escrita para facelo. No caso dunha urxencia ou dun caso puntual é preciso poñerse en contacto con SerOcio para comunicarlle o nome e o DNI da persoa que vai recoller ao neno ou nena ese día.
MATRÍCULA
Por último, lembramos que para formalizar a matrícula e participar nas actividades extraescolares é IMPRESCINDIBLE pagar unha cota de matriculación por neno/a (NON por actividade) como usuario das actividades de 22 euros anuais que servirá para financiar o servizo de coordinación de actividades e o seguro de accidentes anual.
Para iso tedes que facer unha transferencia ao número de conta ARQUIA Banca IBAN ES62 3183 1500 9631 1975 0523 indicando no concepto da transferencia "COTA ACTIVIDADES 2023/24 e nome e apelidos do alumno/a” e enviar o xustificante de pago ao noso correo electrónico apaherrerias@gmail.com.
Que todas as familias fagan este ingreso en prazo é imprescindible para garantir o inicio e desenvolvemento das actividades na data prevista, a próxima semana.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario