jueves, 26 de octubre de 2023

ESTAMOS NA FINAL!

FASE FINAL DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

Benqueridas familias, 
Estamos na fase final! 👏🏽

Como sabedes, o Ceip Cidade Vella e a Anpa Herrerías presentamos unha proposta nos orzamentos participativos do Concello da Coruña para conseguir un patio inclusivo para as nosas alumnas e alumnos. 

Unha vez superada a primeira votación e a análise técnica estamos no momento decisivo.

Nesta fase os contadores póñenese a cero así que precisamos que volvades votar e que os que non o fixestes, vos animedes agora.

Cada voto conta moito!

Só as propostas máis votadas serán executadas. O prazo remata o 2 de novembro. Esta é a ligazón.


Poden votar as persoas empadrodas na cidade, a partir dos 16 anos, independentemente do seu distrito, así que agradecemos moito se compartides a iniciativa. 

VOTACIÓN PRESENCIAL 🗳️

Se alguén prefire votar en persoa, estas son as indicacións e locais habilitados: 

Para participar de maneira presencial e votar fisicamente nas urnas só será preciso achegarse libremente a calquera destes espazos, nos horarios indicados, e presentar o DNI ou documento identificativo. Non é necesario pedir cita e calquera persoa, de calquera barrio, pode votar en calquera dos puntos de votación presencial habilitados.

  • Venres 27 de outubro na praza de María Pita en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 h.

  • Xoves 26 de outubro no Centro Socio-Cultural Ágora en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 h.

  • Xoves 26 de outubro no Polideportivo San Diego de 17.00 a 20.00 h.

  • Vernes 27 de outubro no Fórum Metropolitano en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 h.

  • Sábado 28 de outubro na praza de Lugo, en horario de 11.00 a 14.00 h.

  • Luns 30 de outubro no Mercado de Elviña, en horario de 11.00 a 14.00 horas.

  • Luns 30 de outubro no Centro Cívico Municipal Castrillón en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 h.

  • Luns 30 de outubro no centro comercial Espacio Coruña en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 h.

  • Martes 31 de outubro no acceso á Casa da Auga en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 h.

  • Mércores 2 de novembro na praza das Conchiñas en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 h.

  • Mércores 2 de novembro na praza Elíptica dos Rosales en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 h.


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
💪🏽💪🏽💪🏽
Unha aperta!
ANPA Herrerías



No hay comentarios:

Publicar un comentario