martes, 24 de octubre de 2023

FESTA DE SAMAÍN!

Disfrázadevos e gozade dunha tarde terrorífica!
                                     🎃👻💀
👉🏽Martes, 31 de outubro, de 16 a 19h, no patio do colexio.




As familias e alumnado de sexto de primaria en colaboración co CEIP Cidade Vella e a Anpa Herrerías, organizan unha festa de Samaín para toda a comunidade educativa do centro.

Túnel do terror, xogos de feria, sesión de fotos, lambetadas… e moita diversión para todas as idades!

A entrada é de balde e todo o recadado coa venta de comida e bebidas irá destinado á excursión de fin de etapa de 6 de Educación Primaria.

Anímate a pasar unha tarde inesquecible!

Agardámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario