A xunta directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos Herrerías do CEIP Cidade Vella convoca ás familias á asemblea xeral que terá lugar o mércores, día 8 de novembro, ás 16.00 h. en primeira convocatoria e 16.30 h en segunda, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación de acta da asemblea ordinaria anterior.
2. Exposición das últimas iniciativas na xestión da ANPA.
3. Presentación dos obradoiros de igualdade que organiza a ANPA no colexio.
4. Solicitude das axudas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades destinadas aos servizos de comedor escolar xestionados polas ANPAs.
5. Rogos e preguntas.
A Coruña, 27 de outubro de 2023
ANPA HERRERÍAS
- - - - -
Insistímosvos, coma sempre, na importancia de que asistades á xuntanza e colaboredes de xeito activo no traballo da Asociación, na que un pequeno grupo de persoas voluntarias:
- organizamos e xestionamos actividades de gran importancia para a rapazada e para a conciliación, como o comedor e as actividades extraescolares
- mantemos unha comunicación aberta e permanente coa dirección do CEIP
- estamos en contacto coa Federación de ANPAs e con outras ANPAs da Coruña para, mediante o intercambio de experiencias, coñecer novas maneiras de mellorar os servizos que ofrecemos
- organizamos distintas iniciativas ao longo do ano (a última delas, a proposta de renovación do patio do colexio no programa Orzamentos Participativos do Concello)
- funcionamos como canalizador das queixas e das suxestións das familias ante as distintas situacións que se poden dar ao longo do curso
No hay comentarios:
Publicar un comentario