martes, 19 de septiembre de 2023

ACTUALIZACIÓN SOBRE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 Benqueridas familias:


Unha vez rematado o prazo de preinscrición, actualizamos toda a información referente ás actividades extraescolares.


ACTIVIDADES CON CUPO COMPLETO:

(NON admiten máis inscricións)

  • Baloncesto
  • Fútbol El
  • Baile moderno os luns
  • Inglés EI
  • Patinaxe


QUEDAN FÓRA POR FALTA DE INSCRICIÓNS:

  • Lingua de signos
  • Club de lectura
  • Zumba
  • Baile moderno dos xoves


Para o resto de actividades que aceptan máis alumnado ou que están a piques de chegar ó mínimo esixido abrimos un PLAZO EXTRAORDINARIO DE PREINSCRIPCIÓN.

A asignación de plazas farase por rigorosa orde de inscrición. (Nalgunhas actividades quedan moi poucas prazas libres) 

Podedes anotarvos dende agora e ata este venres 22. Para facilitarvos o proceso basta con enviar un mail á Anpa (apaherrerias@gmail.com) indicando os datos de nai/pai/tutor legal, os do alumnado a inscribir e a actividade, horario e/ou frecuencia semanal á que desexa anotarse.


ACTIVIDADES QUE TEÑEN VAGAS LIBRES

  • Manualidades
  • Fun English
  • Sonicreques EI
  • Sonicreques EP
  • Brain Factory EI
  • Brain Factory EP
  • Robótica 1hora
  • Robótica 2 hora
  • Fútbol Educación Primaria
  • Inglés EP
  • Judo


PODERÍAN CONSEGUIR GRUPO:

  • Intelixencia emocional
  • Ioga
  • Predeporte 
  • Pinta e crea e ilustración e cómic
  • Robótica segunda hora


‼️INFORMACIÓN IMPORTANTE:

Para formalizar a matrícula e participar nas actividades extraescolares é IMPRESCINDIBLE pagar unha cota de matriculación por neno/a, (NON por actividade) como usuario das actividades, de 22 euros anuais que servirá para financiar o servizo de coordinación de actividades así como o seguro de accidentes anual.

Se a actividade dos vosos fillos está na listaxe de cupo pechado ou con vagas libres, debedes realizar ese ingreso ata o vindeiro 26 de setembro.

👉🏼Número de conta ARQUIA Banca IBAN ES62 3183 1500 9631 1975 0523

👉🏼Débese indicar no concepto da transferencia "COTA ACTIVIDADES 2023/24 e nome e apelidos do alumno/a” ademáis de enviar o xustificante de pago a apaherrerias@gmail.com.


⚠️Que todas as familias fagan este ingreso en prazo é imprescindible para garantir o inicio e desenvolvemento das actividades na data prevista. 


Coma sempre, se tendes algunha dúbida podedes poñervos en contacto con nós no noso enderezo electrónico:

apaherrerias@gmail.com


Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario