viernes, 4 de agosto de 2023

AVANCE DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CURSO 2023/2024

Benqueridas familias,


Dende a ANPA Herrerías queremos avanzarvos a proposta de actividades extraescolares de cara ao curso académico 2023/24 coa intención de que vos poidades organizar con tempo. O período de inscrición abrirase nas próximas semanas


Para poder cumprir cos protocolos que a Consellería de Educación indica para a realización destas actividades, así como axudar ao equipo de nais e pais voluntarios que formamos a xunta directiva na súa xestión, seguimos contando coa colaboración da empresa SerOcio  para realizar o traballo de coordinación entre actividades, inscrición, etc.


Neste arquivo podedes ver o horario no que se desenvolverán e atoparedes información sobre a descrición das actividades, prezos, método de inscrición e condicións para que as propostas poidan saír adiante:




En xeral, dividimos os grupos por Educación Infantil + 1º de Educación Primaria dunha banda e, doutra, de 2º a 6º de Educación Primaria, pero algunha das actividades ten requerimentos de idade distintos e así ven indicado no cadro concreto de cada unha.


Ademais, no curso 2023/24 ofertamos un novo servizo de actividades extraescolares no tramo de 15:30 a 16:00, tendo en conta que o comedor seguerá operativo no horario de sempre. Son servizos complementarios.


Unha aperta, 

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario