miércoles, 7 de junio de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Benqueridas familias,


Debido á coincidencia da excursión de fin de curso coa mostra de judo, finalmente a exhibición desta actividade terá lugar o xoves, 15 de xuño.


Se algún neno non vai ir á excursión, poderá acudir igualmente ao centro: estarán os profesores de judo e de Sonicreques e a coordinadora de extraescolares de SerOcio para atendelos.


Importante: Se o día 13 algún neno vai ir a actividades extraescolares na quenda de 17 a 18 h debe vir algún responsable para recollelo do autobús e trasladalo á porta do centro para que vaia xunto seu monitor.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario