lunes, 29 de mayo de 2023

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DA ANPA HERRERÍAS



A xunta directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos Herrerías do CEIP Cidade Vella convoca ás familias á asemblea xeral ordinaria que terá lugar o martes, día 6 de xuño, ás 16.00 h., na biblioteca do colexio coa seguinte orde do día: 


  1. Lectura e aprobación de acta da asemblea ordinaria anterior.
  2. Informe e estado das contas da ANPA.
  3. Cambio da xunta directiva e incorporación de novos membros.
  4. Xestión da coordinación das actividades extraescolares o vindeiro curso 2023-24.
  5. Posibilidade de contratación dunha xestoría para realizar a xestión administrativa e fiscal da asociación.
  6. Rogos e preguntas.


Terminada a asemblea ordinaria, celebrarse unha asamblea extraordinaria en primeira e única convocatoria, coa seguinte orde do día: 


  1. Modificación dos estatutos da asociación.


Facemos, coma sempre, un chamamento ás familias para asistir á xuntanza e colaborar de xeito activo no traballo da Asociación que, mediante un grupo de personas voluntarias, organiza e xestiona actividades de gran importancia para o alumnado e para a conciliación, como o comedor e as actividades extraescolares; ademais de garantir a comunicación fluída entre os diferentes estamentos da comunidade educativa do noso centro.


A Coruña, a 29 de maio de 2023


ANPA HERRERÍAS





No hay comentarios:

Publicar un comentario