viernes, 23 de septiembre de 2022

SITUACIÓN ACTUAL DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CURSO 2022-2023

Benqueridas familias,


Neste momento as actividades extraescolares que están confirmadas son as que aparecen no seguinte cadro, coa excepción de Brain Factory (os dous grupos) e inglés para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, das que vos informaremos a principios da próxima semana, porque non chegan ao mínimo necesario de persoas inscritas pero estamos intentando que as empresas impartan igual as clases. 

PATINAXE: Retírase da oferta o grupo de segunda hora dos luns por falta de persoas inscritas.


ROBÓTICA: Como hai unha grande diferenza de persoas inscritas entre a primeira e a segunda quenda, dende Code Monsters suxiren que os nenos que o prefiran cambien á segunda quenda para que os grupos estean máis equilibrados e a rapazada aproveite mellor a aprendizaxe.


JUDO: Desde o Clube de Judo indícannos que os rapaces de 1º de Primaria que o prefiran e que teñan xa algo de experiencia neste deporte cambiar de quenda e ir ás clases de 17 a 18 h, para aproveitar mellor a aprendizaxe. Ademais, insisten en que o alumnado teña independencia á hora de cambiar a roupa polo judogi e que, sobre todo no caso de Educación Infantil, leven na mochila un calzado tipo crocs para as entradas e as saídas da clase.   


INSCRICIÓNS FÓRA DE PLAZO: Na información que vos pasamos a pasada semana indicábamos que había grupos de xa completos, polo que neles quedaba pechada a posibilidade de inscrición; sen embargo, en varias destas actividades apuntáronse máis nenos. Estas inscricións en grupos xa completos durante o período de preinscrición (robótica na primeira quenda e baloncesto na clase dos martes) non son válidas. Si existe a posibilidade de apuntarse aínda nos grupos que non están cheos (como o da segunda quenda de robótica).


GRUPOS CON POUCAS PERSOAS INSCRITAS: Varios dos grupos das actividades confirmadas fanno cun número moi xusto de rapaces, polo que as empresas que imparten as clases revisarán a súa viabilidade é continuidade no mes de decembro.


REQUISITOS PARA PARTICIPAR NAS EXTRAESCOLARES: Lembramos que é imprescindible ser socio da ANPA para participar nas actividades extraescolares, para o que é necesario:

  • Inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) cubrindo o formulario que se atopa aquí
  • Pagar anualmente a cota de 15 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.
  • Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com).


Así mesmo, hai que pagar unha matrícula de 20 euros por neno tanto se as actividades elixidas están organizadas por SerOcio coma se as imparte outra empresa ou club. Esa cantidade dedícase á xestión das extraescolares (coordinación de monitores, material necesario, vixilancia nas entradas e saídas dos nenos, etc) e ao seguro de cobertura sanitaria. 


O pago faise mediante transferencia bancaria á ANPA, non a SerOcio, na nosa conta bancaria (ARQUIA Banca: IBAN ES62 3183 1500 9631 1975 0523). É IMPRESCINDIBLE facelo para comezar as actividades en outubro e debedes enviar o xustificante de pago ao noso email (apaherrerias@gmail.com). 


Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario