lunes, 26 de septiembre de 2022

LISTADO DEFINITIVO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CURSO 2022-2023

Benqueridas familias,


Facémosvos chegar o cadro definitivo coas actividades extraescolares que se celebrarán este curso. Retíranse finalmente da oferta Brain Factory para Educación Infantil e inglés para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria porque non chegan ao mínimo necesario de persoas inscritas. 


No que atinxe á Brain Factory para Educación Primaria, para que se confirme a actividade será necesario que confirmen a matrícula as cinco persoas preinscritas na actividade.


Nos próximos días poranse en contacto con vós as distintas empresas organizadoras das extraescolares e informaranvos sobre como confirmar a matrícula e realizar os pagos ao longo do curso.



REQUISITOS PARA PARTICIPAR NAS EXTRAESCOLARES


Lembramos que é imprescindible ser socio da ANPA para participar nas actividades extraescolares, para o que é necesario:

  • Inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) cubrindo o formulario que se atopa nesta páxina web
  • Pagar anualmente a cota de 15 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.
  • Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com).


Así mesmo, hai que pagar unha matrícula de 20 euros por neno tanto se as actividades elixidas están organizadas por SerOcio coma se as imparte outra empresa ou club. Esa cantidade dedícase á xestión das extraescolares (coordinación de monitores, material necesario, vixilancia nas entradas e saídas dos nenos, etc) e ao seguro de cobertura sanitaria. 


O pago faise mediante transferencia bancaria á ANPA, non a SerOcio, na nosa conta bancaria (ARQUIA Banca: IBAN ES62 3183 1500 9631 1975 0523). É IMPRESCINDIBLE facelo para comezar as actividades en outubro e debedes enviar o xustificante de pago ao noso email (apaherrerias@gmail.com). 


Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario