lunes, 12 de septiembre de 2022

NORMAS PARA A SAÍDA DO CENTRO DOS RAPACES QUE QUEDAN A COMEDOR

Benqueridas familias,


Como sabedes, este principio de curso temos inutilizada a porta lateral do centro, polo que todos os alumnos saen pola porta principal, o que está facendo que a entrega dos nenos sexa máis complicada do habitual, principalmente nas saídas dos rapaces que quedan a comedor.


Polo tanto, a partir de mañá, estes nenos sairán por grupos de idade: primeiro os de Educación Infantil, despois os de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e, por último, os de 4º, 5º e 6º curso.


Precisamos a vosa colaboración para que este sistema funcione: por favor, non vos acheguedes á rampla ata que non sexa a quenda de saída dos vosos rapaces. Cando sexa o momento, achegádevos á persoa que estea na porta e dicídelle o nome do neno. As monitoras, pola súa parte, aseguraranse de que cada alumno se xunta coa persoa que o foi buscar.


Unha aperta,

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario