Benqueridas familias,
En relación co Programa Municipal de Natación Escolar dirixido aos alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria, SerOcio xa nos pasou o presuposto do monitor de apoio para acompañar aos nenos na parada, no autobús e na entrada e saída dos vestiarios. Serían 170,50 euros mensuais, que deberán dividirse entre os participantes na actividade e que se sumarían aos 53,47 euros de custo da actividade (que inclúe, ademais das clases, o traslado e a cobertura sanitaria).
Así mesmo, sobre o procedemento de inscrición, desde a Federación de ANPAS indícannos que á vez que se entrega a ficha cuberta e se realiza o pago débese achegar a copia do copia del DNI do pai, da nai ou do tutor legal e a copia do DNI do neno (se non ten, substituirase por unha copia do Libro de Familia).
Na campaña de natación escolar ofértanse 15 prazas para o noso centro, e as clases realizaranse na piscina do Club del Mar os mércores de 17:15 h. a 18:00 h. (este horario podería modificarse segundo as variacións que se produzan na matriculación do alumnado).
A inscrición pode facerse ata o día 23 de setembro e realizarase por orde de chegada nas oficinas do Club del Mar.
Podedes atopar máis información sobre a actividade no noso canal de Telegram ou neste mesmo blog.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario