lunes, 12 de septiembre de 2022

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR 22-23

Benqueridas familias,


Desde hoxe, e ata o día 23 de setembro, poderase realizar a inscrición no Programa Municipal de Natación Escolar, organizado un ano máis polo Servizo municipal de Deportes e dirixido aos alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria.


Ofértanse 15 prazas para o noso centro, e as clases realizaranse na piscina do Club del Mar os mércores de 17:15 h. a 18:00 h. (este horario podería modificarse  segundo as variacións que se produzan na matriculación do alumnado).


O traslado dende o colexio ata a piscina farase en autobús. A campaña esixe que cada centro aporte unha persoa responsable para atender aos nenos na parada, así que puxémonos en contacto con Serocio para solicitar un monitor que os vixíe na parada, os acompañe no autobús e os controle na entrada e saída dos vestiarios.


A data de comezo do programa é o 3 de outubro, e o custo por alumno é de 53,47 euros (que inclúe, ademais das clases, o traslado e a cobertura sanitaria). A esta cota haberá que sumar o custo do monitor de Serocio, do que vos informaremos cando nos pasen o presuposto. 


A inscrición realizarase por orde de chegada, entregando a folla de inscrición cuberta nas oficinas do Club del Mar e realizando alí o pago da actividade.


As clases de natación lévanse a cabo por niveis, tras facerse unha avaliación inicial dos rapaces. As sesións son de 45 minutos reais, e os nenos teñen dez minutos antes e despois para cambiarse. Deste xeito, a recollida farase no colexio ás 16:55 h e o horario de entrega será ás 18:25 h.


Compartimos con vós tanto a folla de inscrición como o a información sobre a campaña que nos fan chegar dende a Concellería de Deportes.






Unha aperta!

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario