martes, 18 de octubre de 2022

CONVOCATORIA DA ASAMBLEA ORDINARIA DA ANPA HERRERÍAS

A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos Herrerías do CEIP Cidade Vella convoca ás familias á asamblea xeral ordinaria que terá lugar o próximo martes, día 25 de outubro, ás 16:00 h en primeira convocatoria e 16:15 h en segunda, na biblioteca do colexio coa seguinte orde do día: 


1. Lectura e aprobación de acta da asamblea ordinaria anterior.

2. Informe e estado das contas da ANPA.

3. Exposición e aprobación da xestión da Xunta Directiva, incluíndo a presentación das actividades que se están a organizar nestes días e que se celebrarán proximamente no centro (coma os obradoiros de Igualdade).

4. Postura da ANPA respecto ás iniciativas de visibilización do CEIP que se adopten desde o centro.

6. Rogos e preguntas.


Facemos, coma sempre, un chamamento ás familias para asistir á xuntanza e colaborar de xeito activo no traballo da Asociación que, mediante un grupo de personas voluntarias, organiza e xestiona actividades de gran importancia para o alumnado e para a conciliación, como o comedor e as actividades extraescolares; ademais de garantir a comunicación fluída entre os diferentes estamentos da comunidade educativa do noso centro.


Na Coruña, a 18 de outubro de 2022

ANPA HERRERÍAS


No hay comentarios:

Publicar un comentario