Benqueridas familias,
Para facilitar a conciliación durante o mes de setembro, teremos dispoñible no colexio o programa Cóxegas, ofrecido pola Federación Provincial de ANPAS, entre o 8 e o 30 de setembro.
O prazo de inscrición está aberto ata o 2 de setembro e debe facerse a través da seguinte ligazón:
www.fedapascoruna.org/inscripciones
Compartímosvos tamén información detallada da actividade e as instrucións para inscribirse na mesma.
Para formalizar a inscrición é necesario realizar o pago correspondente no número de conta indicado no formulario de rexistro. Se finalmente a activade non sae adiante, por non cubrir o mínimo de rexistrados, o diñeiro devolverase íntegro ás familias.
Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario