Quen somos
A ANPA é a ferramenta principal da que dispoñemos as familias para canalizar a nosa opinión e participar nas decisións do centro, contribuíndo a enriquecer a comunidade educativa. Tamén colabora na realización de eventos no centro tales como celebracións, actividades de conciliación, actividades globais ou proxectos educativos complementarios para toda a comunidade.
Ademais deste blog, temos unha canle de Telegram e podedes poñervos en contacto con nós a través do noso correcto electrónico: apaherrerias@gmail.com
Servizos curso 2024/25
Cambiadores:
Empresa colaboradora: Jardanay.
Servizo por mes ou por intervención esporádica.
Madrugadores:
Empresa colaboradora: Jardanay.
Horario: A partir das 07:30 ata o comenzo das actividades lectivas.
Servizo diario, esporádico ou en días puntuais, que contempla necesidades alimentarias especiais como dietas brandas ou alerxias alimentarias.
Comedor:
Empresa colaboradora: Jardanay.
Horario: de 14:00 a 16:00.
Servizo diario, esporádico ou en días puntuais, que contempla necesidades alimentarias especiais como dietas brandas ou alerxias alimentarias. O servizo ofrecido no comedor é de liña quente, que quere dicir que o centro non dispón de cociña in situ, pero a comida prepárase nas naves da empresa e se leva quente ao centro, sen pasar por ningún proceso de conservación extra, o que garantiza unha comida recén feita na que ademáis priman os productos de tempada e de calidade.
Pincha nesta ligazón para coñecer as últimas novas do centro sobre os servizos de comedor e madrugadores.
Actividades Extraescolares:
Empresas colaboradoras: SerOcio, Judo UDC, Sonicreques, Code Monsters, Club Básquet Coruña e Club de Fútbol de Orillamar.
Horario: de 16:00 a 18:00.
Pincha nesta ligazón para coñecer as últimas novas do centro sobre actividades extraescolares.
Organización de campamentos en períodos non lectivos:
Empresa colaboradora: SerOcio.
Pincha nesta ligazón para coñecer as últimas novas do centro sobre os campamentos en períodos non lectivos.
Participación en organización de festas e eventos:
En colaboración co colexio e coas familias voluntarias de 6º de primaria que queren recadar fondos para a súa excursión de fin de curso, axudamos a organizar festas e eventos en festividades sinaladas como Samain ou Carnavais, para que todas as familias poidamos desfrutar xuntos de diversas celebracións non centro educativo.
Xestión de axudas e subvencións:
Participamos activamente na xestión de axudas como becas comedor ou subvencións para mellorar o centro. Un exemplo do presente curso académico son as axudas para fomentar a igualdade, que nos permitiron gozar de obradoiros nesta materia a toda a comunidade educativa.
Pincha nesta ligazón para coñecer as últimas novas do centro sobre axudas e subvencións para as familias.
Información e apoio:
A través deste servizo, mantemos informadas ás familias sobre o día a día da Asociación, e resolvemos aquelas cuestións que podan ser de interese. As familias tamén poden participar na xestión do centro tanto a través do Consello Escolar, como mediante a súa implicación nas asambleas organizadas pola ANPA Herrerías.
Local
O local da ANPA está situado na planta baixa do colexio (ao fondo á dereita).
Inscricións
Para facervos socios do ANPA debedes cubrir o formulario de inscrición e abonar a cota de 20€ por familia e curso escolar (o número de conta pódese atopar no formulario de inscrición).
Xunta directiva
Presidenta: Paula Sánchez Álvarez
Última acta da Asamblea da ANPA
Esta é a última acta aprobada pola ANPA, por unanimidade, en Asamblea:
Últimas contas aprobadas en Asamblea da ANPA
Ligazóns de interese
Agencia Española de Protección de Datos