Benqueridas familias,
Debido ás dúbidas que teñen xurdido nos últimos días en referencia á reserva de prazas no comedor, querémosvos lembrar que:
1. O prazo para inscribir aos nenos neste mes de setembro rematou o día 30 de agosto.
2. Para o resto do curso, as novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar a través da web de Jardanay ata o día 26 de cada mes, e faranse efectivas a partir do día 1 do mes seguinte.
3. Non terán efecto as reservas de praza realizadas fora de prazo ou doutra maneira que non sexa a través da páxina web (non se aceptarán as que se fagan por teléfono nin por correo electrónico).
4. Para cumplimentar o formulario, as claves de acceso son:
- Usuario: cidadevella
- Contraseña: comedores2022
5. No caso de querer solicitar máis dun servizo ou para máis dun rapaz é preciso enviar un formulario para cada un deles. Se se rexistran correctamente recibirase unha copia da solicitude por correo electrónico.
6. Para facer uso do comedor de forma esporádica é preciso estar inscrito nesta modalidade e avisar o día anterior mediante teléfono ou correo electrónico.
É importante ter en conta todos estes puntos, porque o espazo de comedor que temos no colexio é moi limitado e hai un grande número de nenos inscritos neste servizo. Se se supera a capacidade, pódense denegar novas altas.
Por último, recordamos que é a ANPA a que xestiona, coordina e supervisa o servizo de comedor, polo que para obter unha praza nel é imprescindible ser membro e pagar anualmente a cota de 15 euros por familia. Se non se cumpren estes requisitos poderase negar o uso do servizo.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario