viernes, 16 de septiembre de 2022

AMPLÍASE ATA O DÍA 20 O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Benqueridas familias,


O prazo de presincrición das actividades extraescolares amplíase ata o próximo martes, día 20, para que apuntedes aos vosos rapaces se aínda non o fixestes. Pedimos especialmente a colaboración das familias con interese en que os seus fillos participen nas actividades pero que aínda non se decidiron a inscribilos para que o fagan neste novo período, porque hai bastantes extraescolares que deste xeito poderían acadar o mínimo esixido para celebrarse.


Para que vos poidades orientar, informámosvos de como está a situación nestes momentos:


As actividades que forman grupo porque teñen xa suficientes nenos inscritos son:

  • Patinaxe, os luns e os mércoles de 16 a 17 h. Ambos os dous grupos chegaron ao máximo permitido, polo que non se poderá apuntar neles ningunha persoa máis. 
  • Sonicreques, nas dúas quendas (martes, de 16 a 17 h e de 17 a 18 h).
  • Baloncesto (martes e xoves de 16 a 17 h). O grupo do martes está no máximo permitido, polo que non se poderá apuntar nel ningunha persoa máis.
  • Primeira queda de Robótica (mércores de 16 a 17 h), que está no máximo permitido, polo que non se poderá apuntar nel ningunha persoa máis.
  • Inglés de Educación Infantil (mércores de 16 a 17 h)
  • Fútbol, nas dúas quendas (venres, de 16 a 17 h e de 17 a 18 h).
  • Judo para Educación Primaria (martes e xoves de 17 a 18 h).


Ademais, hai actividades que non chegan ao mínimo requirido, pero poderían saír adiante se se inscriben máis persoas. Son:

  • Lingua de signos (luns de 16 a 17 h), que ten 6 inscritos e precisa 8.
  • Patinaxe o luns de 17 a 18 h, que ten 4 inscritos e precisa 7.
  • Baile moderno (luns e xoves de 16 a 17 h), que ten 5 e 6 inscritos respectivamente e precisa 8.
  • Ximnasia rítmica (mércores de 17 a 18 h), que ten 5 inscritos e precisa 8.
  • Segunda queda de Robótica (mércores de 17 a 18 h), que ten 3 inscritos e precisa 8.
  • Judo para Educación Infantil (martes e xoves de 16 a 17 h), que ten 5 inscritos e precisa 8.
  • Brain Factory Kitsune, para Educación Infantil (xoves de 16 a 17 h), que ten 2 inscritos e precisa 4.
  • Brain Factory Aloha, para Educación Primaria (martes de 16 a 17 h), que ten 5 inscritos e precisa 6.


No que se refire a inglés para Educación Primaria, ningún dos grupos chegan ao mínimo necesario, polo dende The Big Apple Study Center nos propoñen pasar de tres grupos a dous: o luns terán clase os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria; mentres que os nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria terán clase o martes ou o xoves. Por favor, as familias que teñades nenos preinscritos en inglés  en 4º, 5º e 6º curso enviádenos un email ao correo da ANPA (apaherrerias@gmail.com) dicíndonos que día preferides, e a semana que vén informarémosvos do día que queda finalmente.


Por último, multiactividade e multideporte retíranse da oferta ao non haber apenas persoas inscritas en ningunha das quendas.


A preinscrición dos nenos nas extraescolares faise a través das seguintes ligazóns:


Unha vez que estea confirmado que hai grupo das actividades que escollestes, para formalizar a inscrición nelas hai que realizar un pago de 20 euros por neno (que se destinan á matrícula e ao seguro) mediante transferencia bancaria na nosa conta bancaria (ARQUIA Banca: IBAN ES62 3183 1500 9631 1975 0523) e enviarnos o xustificante de pago ao noso email (apaherrerias@gmail.com). É IMPRESCINDIBLE para comezar as actividades en outubro.


Ademais, e como xa sabedes, para poder participar nestas actividades é necesario que a familia sexa socia da ANPA cubrindo o formulario de inscrición está neste mesmo blog) e aboando a cota anual de 15 euros por familia (independentemente do número de fillos).






Unha aperta!

ANPA Herrerías

1 comentario:

  1. Buenas tardes.
    Soy el padre de Lea Vélez y el mes de agosto hice las preinscripciones para que realice las siguientes actividades:
    Patinaje Lunes
    Sonicreques Martes
    Miercoles Ingles
    Jueves Predeporte

    No se si se hizo correctamente la preinscripción de estas actividades porque no tengo ninguna confirmación.
    Por último me gustaría No instribirla en Patinaje, finalmente hemos cambiado de opinión. disculpen las molestias.
    Si me pueden llamar al 626942415 o mandar un correo aclarando la situación carlosvelez79@gmail.com

    ResponderEliminar