Non queriamos despedir o curso sen felicitar ao noso marabilloso grupo de teatro. 🎭
Despois de meses de ensaios, esforzo, ilusión e moitísimo traballo, este mes de xuño conseguiron gañar a Mostra de Teatro Escolar de Educación Primaria. 🥇
Un recoñecemento máis que merecido para uns nenos e nenas que demostraron talento, compromiso e compañeirismo en cada paso do camiño.
Tamén queremos destacar a implicación, dedicación e entusiasmo do seu profe Xabi, que soubo acompañarlles e sacar o mellor da cativada ao longo de todo o curso. 📝
Parabéns a todas as persoas que formades parte de este logro! Sentimos moito orgullo de vós e de todo o que conseguistes. ❤️🎭🏆
___________________________
📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA!
https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G
https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu
💙 TELEGRAM
https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg
🧡 BLOGGER
https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1

Olé y olé arriba Cidade Vella
ResponderEliminar