jueves, 15 de mayo de 2025

ESTE VERÁN NON HABERÁ CAMPAMENTO NO COLEXIO DEBIDO A QUE O CONCELLO SE COMPROMETEU A REPARAR O MURO DO PATIO

Benqueridas familias,


Desde o Concello da Coruña informáronnos de que prevén realizar traballos de reparación no muro do patio do CEIP Cidade Vella unha vez finalice o curso escolar. Polo tanto, ao ser incompatibles estes arranxos co desenvolvemento de actividades nas instalacións (e non ter datas aínda definitivas de cando se van facer) non poderemos organizar campamento de verán no colexio, para garantir a seguridade da rapazada.


O compromiso do goberno municipal de reparar o muro chega tras diversas xuntanzas e conversas mantidas pola Dirección do centro e por representantes da ANPA Herrerías, nas que insistimos na necesidade de subsanar as múltiples deficiencias que hai no edificio do colexio. Desde a ANPA tamén solicitamos manter unha reunión con representantes coa Xunta de Galicia para tratar este asunto, se ben aínda non recibimos resposta á nosa petición.


Unha aperta!

ANPA Herrerías





No hay comentarios:

Publicar un comentario